Aurora López e Andrés Pociña dedicaron máis de dez anos ao estudo da vida e da obra de Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922-A Coruña, 2020), quizais a meirande figura das Letras galegas dos nosos días.O presente volume é a culminación dese inxente traballo: unha obra rica en datos, noticias, textos –moitos, absolutamente inéditos ou descoñecidos–, e opinións escritas pola propia Luz onde se sincera, a petición dos autores, sobre a súa obra literaria. O libro complétase cunha antoloxía da obra poética de Luz e tamén inclúe unha selección de fotografías e ilustracións como resumo gráfico de case un século de vida... á procura da Poesía.
Aurora López (Sarria, 1948) é catedrática de Filoloxía Latina na Universidade de Granada, onde ocupa tamén o cargo de Directora da Unidade de Igualdade entre mulleres e homes. Investiga sobre todo no campo da literatura latina, principalmente o teatro e a súa pervivencia actual; é especialista en estudios sobre a muller romana, e tamén sobre Rosalía de Castro.
Andrés Pociña (Lugo, 1947) é catedrático de Filoloxía Latina na Universidade de Granada, onde foi Decano de Filosofía e Letras e Director do Departamento de Latín. Investiga no campo da literatura latina, do teatro clásico antigo e a súa pervivencia nos teatros actuais, como tamén no da literatura galega, especialmente sobre Rosalía de Castro.
(Na imaxe, os autores con Luz Pozo Garza en 2001)
01-03-15 Televisión de Galicia-Telexornal. Presentación en Viveiro.
27-01-15 Radio Galega-Diario Cultural Entrevista a Luz Pozo, Andrés Pociña e Aurora López
09-12-14 Caderno da Crítica Crítica de Ramón Nicolás
21-11-2014 La Voz de Galicia "Ten unha vida que é unha novela inmensa", di o biógrafo de Luz Pozo Garza
21-11-14 El Progreso "Luz é a meirande poeta viva"
18-11-2014 El Correo Gallego "Luz Pozo, atravesada polo amor". Por Fran P. Lorenzo
![]() |
NAVEGANDO CARA A ÍTACA |
Prezo: 8 € |
![]() |
30 GRAMOS |
Prezo: 11 € |
![]() |
Os exilios que somos |
Prezo: 13 € |
![]() |
Caldaloba en terras de Valverde |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
CORES PARA ALOUMIÑAR SOÑOS |
Prezo: 24 € |
![]() |
GALLEIRA PASSPORT |
Prezo: 19 € |
![]() |
ABRINDO FIESTRAS EN CARNE VIVA |
Prezo: 9 € |
![]() |
¡Viva la libertad! |
Prezo: 21,9 € |