BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


OS PRIVILEXIOS DOS SOMNÁMBULOS

1º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013

Pablo Bouza


A noite é gran inspiradora de poetas. Nesta nova obra de Pablo Bouza, Os privilexios dos somnámbulos, o autor atopa ese “aire viciado” onde despregar “a inmensa dimensión das palabras”.  “Noite/dáme algo de ti/da túa luz negada”.

A poesía só pode ser honestidade, verdade. Neste vieiro é onde Bouza chega á alma do lector: “Recoñézome nos erros do pasado”, confesa, ou: “Medran hedras nas pedras dos meus lugares”.

Son versos intensos e fondos, que camiñan directos na súa mensaxe. Por este suxestivo libro de poemas transitan tamén as voces, en forma de cita, de autores de referencia do noso escritor, que o van guiando no percorrido poético, como Miguel Anxo Fernán Vello, José Ángel Valente, Espronceda, Ángel González, Rilke, Lois Pereiro, Paul Verlaine ou Carlos Oroza, entre outros. 

Esta obra resultou gañadora en 2013 da edición número 39 do Certame Literario do Concello de Vilalba, un dos concursos poéticos máis veteranos de Galicia. Foi, asimesmo, finalista nos Premios da Edición de Galicia 2014 na modalidade de Mellor Libro de Poesía do ano.

 

O autor/a

O autor/a

Pablo Bouza Suárez (Fene, 1965) é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce como funcionario no Concello de Culleredo (localidade onde reside), onde desempeña o cargo de xefe de servizo de Cultura  e Educación. Como poeta, é autor dos libros In aeternum (2007), O home que falaba coas baleas (2008), Ingrávido Signo (2010) e Na intimidade do azougue (2011). As súas obras recibiron numerosos premios e recoñecementos. Entre eles, Pablo Bouza foi gañador, ata en cinco ocasións, do Certame Literario do Concello de Vilalba. 


Revista de Prensa

06-05-2015 Diario de Pontevedra | El Progreso Crítica de Ramón Rozas http://ramonrozas.blogspot.com.es/2015/04/luzadas-na-noite.html

25-03-2015 Fervenzas Literarias. Ampla entrevista ao autor. http://fervenzasliterarias.com/index.php/de-actualidade/entrevistas/item/1885-os-privilexios-dos-somn%C3%A1mbulos-alvarellos-de-pablo-bouza.html





PREZO: 9,00 €





Formato: 73 pp. 14x21 cms ISBN: 978-84-89323-60-5

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


BALADA DE LOS MARES DEL NORTE
Prezo: 23,5 €
Hora de penumbra
Prezo: 9,5 €
CINZA DE ESTRELAS
Prezo: 9 €
A BORDO DUN BARCO SEN LUCES
Prezo: 17 €

RÍO ALZHEIMER
Prezo: 9 €
CATAVENTO DE NEUTRÓS DOMESTICADOS
Prezo: 12 €
ABRINDO FIESTRAS EN CARNE VIVA
Prezo: 9 €
TELÚRICA
Prezo: 9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.