O paso dos anos acumulou “segredos” —ou interpretacións discutibles— ao redor da arte e a monumentalidade da gran basílica compostelá. José Manuel García Iglesias, profundo coñecedor dun templo ao que dedicou moitos anos de estudo, dá a coñecer en Secretos de catedral o resultado das súas últimas investigacións.
A través dun enfoque orixinal e unha narración fluída que se apoia en máis de sesenta fotografías de Xulio Gil, este historiador da arte pretende desentrañar algo do “oculto, o ignorado, o silenciado, o calado...” ao redor do maior monumento xacobeo.
José Manuel García Iglesias (Santiago de Compostela, 1950). É, desde 1974, profesor do departamento de Historia da arte na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e, a partir de 1986, catedrático de Historia da arte Moderno e Contemporáneo na devandita Facultade. Está integrado no Grupo de Investigación IACOBUS (Proxectos e estudos sobre patrimonio cultural) da Universidade de Santiago de Compostela. Da súa produción científica, no ámbito da arte moderno —e nos últimos anos—, hai que destacar os libros Pazos de Galicia (1989), A catedral de Santiago e o Barroco (1990); Galicia, tiempos de Barroco (1990); El Barroco (I). La época. Los patrocinadores. Arquitectos del siglo XVII (1993); El Barroco (II). Arquitectos del siglo XVIII. Otras actividades artísticas (1993); Camino de Santiago. Patrimonio Mundial (2004); Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino (2011), No referente ao arte contemporáneo, os libros Quessada (1987), Manuel Prego. Su obra (1989); Labra (1992); Galicia, hacia la modernidad (1998); Camilo Otero (1999); José Lorenzo Macías. A pintura soñada (2007); Da Fantasía a realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936 (2012).
08-12-14 El Correo Gallego Opinión de Marcelino Agís Villaverde
06-12-14 ABC Edición Galicia A la Catedral de Santiago aún le quedan secretos
04-12-14 La Voz de Galicia García Iglesias presenta su libro "menos ortodoxo" sobre la catedral de Santiago
03-12-14 La Información.com Secretos de Catedral, otra manera de ver el templo de la Plaza del Obradoiro
02-12-14 El Correo Gallego Los ‘secretos’ del arte de la Catedral salen al descubierto en una nueva publicación
![]() |
ALUMBRADO PÚBLICO EN SANTIAGO, EL |
Prezo: 15 € |
![]() |
ANTONIO LÓPEZ FERREIRO [1837-1910] |
Prezo: 35 € |
![]() |
AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO |
Prezo: 29 € |
![]() |
PICO SACRO |
Prezo: 19 € |
![]() |
CODEX CALIXTINUS-BOOK V |
Prezo: 14,5 € |
![]() |
CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN |
Prezo: 5,9 € |
![]() |
[AGOTADO] SANTIAGO, 1909 |
Prezo: 19,5 € |