Un texto de finais do século XIV, os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron traducidas ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustradas, para esta coidada edición, por Darío Basso.
Os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron compostas por un autor anónimo toscano entre 1370 e 1390. Narran a vida e milagres do santo fundador da orde franciscana. Dividida en 53 capítulos, esta obra relata precisamente no seu capítulo cuarto a viaxe de san Francisco a Santiago de Compostela e a súa decisión de fundar aquí o primeiro convento e o inicio da Orde franciscana. Deste feito conmemórase en Galicia en 2014 o oitavo centenario.
Traducida ao longo dos tempos a varios idiomas, agora, e por vez primeira, esta obra pode ser lida en galego, nunha esmerada coedición de Alvarellos Editora e a Xunta de Galicia. Darío Xohán Cabana é o responsable da tradución do texto, realizada directamente desde o italiano medieval. O volume enriquécese con dezasete impactantes acuarelas de Darío Basso.
Na súa introdución, Xohán Cabana describe o ton destas Floriñas:
“Os Fioretti son un delicioso libro de contos piadosos, a miúdo salferidos de graza e humor e sempre cheos de profunda emoción relixiosa, mística e fraternal. As figuras de san Francisco e dos seus compañeiros e seguidores xorden destas páxinas cunha extraordinaria capacidade de sedución, cheos de vida e de verdade e, por que non dicilo así, de simpatía persoal”.
PREMIO DA EDICIÓN DE GALICIA
A tradución de Darío Xohán Cabana recibiu o Premio da Edición de Galicia 2014 á Mellor Tradución do Ano. O galardón foi entregado ao editor Henrique Alvarellos e ao tradutor Xohán Cabana no transcurso da Noite da Edición de Galicia, celebrada en Pontevedra o 13 de marzo de 2015.
Darío Xohán Cabana (Roás, Terra Chá, Lugo, 1952) é poeta, narrador e tradutor.
Da súa man chegaron traducidas ao galego, entre outras, a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo ou Os trobadores da Occitania.
Darío Basso (Caracas, 1966) é un artista de orixe viguesa con obra exposta en medio mundo. Defínese como pintor matérico. Nos seus lenzos, a natureza deixa unha fonda pegada.
16-03-2015 Axenda AELG Premios da Edición de Galicia http://axendaaelg.blogaliza.org/2015/03/16/entregados-os-premios-anxel-casal-da-edicion-de-2014/
16/07/14 Desde Galicia para el mundo (vídeo de 5') https://www.youtube.com/watch?v=BuFvil-dKOE
11/05/14 Faro de Vigo, Estela http://alvarellos.info/arquivos/La_Voz_de_Galicia_240414.pdf
24/04/14 La Voz de Galicia http://alvarellos.info/arquivos/La_Voz_de_Galicia_240414.pdf
24/04/14 La Información http://fotos.lainformacion.com/arte-cultura-y-espectaculos/literatura/as-florinas-primera-traduccion-al-gallego-del-libro-de-san-francisco-de-asis_C6u5IJLkaJriboWgkvZi/
23/04/14 El Confidencial http://www.elconfidencial.com/ultima-hora-en-vivo/2014-04-23/primera-traduccion-al-gallego-de-dei-fioretti-de-san-francisco-de-asis_238406/
23/04/14 Xunta.es http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/1822/directora-turismo-galicia-presenta-traducion-galego-libro-florinas-san-francisco
![]() |
UNIVERSOS EN ORDEN |
Prezo: 39 € |
![]() |
CORRESPONDENCIA [1928-1958] |
Prezo: 24 € |
![]() |
ALUMBRADO PÚBLICO EN SANTIAGO, EL |
Prezo: 15 € |
![]() |
SALÓN TEATRO |
Prezo: 18 € |
![]() |
[AGOTADO] GUÍA VERDE DE SANTIAGO (galego) |
Prezo: 12 € |
![]() |
SECRETOS DE CATEDRAL |
Prezo: 21 € |
![]() |
LA SAGA COURTIER EN GALICIA |
Prezo: 15 € |
![]() |
SANTIAGOS DE SANTIAGO |
Prezo: 27 € |