BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Colección Rescate [clásicos]


BRETEMADA

1917-1922 [Libro inédito]

Gonzalo López Abente

RECUPERADOS CEN POEMAS INÉDITOS DE LÓPEZ ABENTE DE 1922

“Un acontecemento literario de altísima importancia”. Así define este achádego editorial o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, no limiar a Bretemada, o poemario inédito de Gonzalo López Abente, o escritor e activista cultural a quen en 1971 se lle adicaba o “Día das Letras Galegas”. O libro, integrado por cen poemas, foi escrito entre os anos 1917 e 1922. “Bretemada” é unha metonimia de Galicia. O mecanoscrito orixinal pertence á Real Academia Galega. O profesor e poeta Miro Villar é o responsable do estudo introdutorio e do coidado da edición. Esta obra, editada conxuntamente coa Fundación Gonzalo López Abente, súmase á Colección Rescate (volume nº 15), unha colección gañadora do Premio da Edición de Galicia en 2008 como “Mellor obra editorial do ano”. >> Ver as primeiras páxinas de Bretemada

O autor/a

O autor/a

Gonzalo López Abente (Muxía, 1878-1963) foi poeta, narrador, dramaturgo e activista cultural. Estudou Dereito na Universidade de Santiago e viaxou a países como Francia, Bélxica e Holanda. Despois intalouse no seu pobo natal, Muxía, onde traballou nun banco ata a súa morte. López Abente participou en todos os movementos culturais e políticos na Galicia do seu tempo. Colaborou en periódicos e revistas como El Noroeste, Nós, Rexurdimento, Ronsel, A Nosa Terra... Desde 1925 formou parte do Seminario de Estudos Galegos. Como poeta comeza coa publicación de Escumas da Ribeira e Alento da raza, nos que describe a paisaxe galega e a súa alma intimamente unida a el. En 1924 publica D'outono e en 1929, Nemancos. O mar está presente en todos os poemas da súa última obra poética en vida Centileos nas ondas (1958). Tras a súa morte, publicáronse outros dous libros de poemas: Decrúa (1966) e Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca (1971). Polo que a narrativa se refire, comeza en 1919 con O diputado por Veiramar e continúa con O escándalo (1920), O novo xuez (1922), Buserana (1925), Fuxidos (1926) e Vaosilveiro (1929), todas elas, novelas curtas de temática amorosa. Como autor teatral estreou en 1921 a obra de corte sentimental titulada María Rosa, que foi publicada en 1928. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas en 1971.


Revista de Prensa

02/08/2012Xaneiro, 2012. "A lexitimación da nación galega". Crítica de Silvia Bermúdez na revista "Grial" nº 193 (xan-mar 2012). 03/02/2012, La Opinión A Coruña , "Bretemada" 23/01/2012, La Opinión Coruña, "Memoria do continuador de Pondal" 23/01/2012, La Voz de Galicia, "Presentan«Bretemada» como un «enorme poema épico de Galicia»" 20/01/2012, La Voz de Galicia, "«López Abente, como Manuel Antonio, era un poeta do mar»" 15/12/2011, La Voz de Galicia, Culturas, "Rescate dunha voz precisa" 30/11/2011, Caderno da crítica, "Bretemada, de Gonzalo López Abente" 30/11/2011, Criticalia, "Poesía bretemeira" 24/10/2011, Que Pasa Na Costa, "A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar ". 24/10/2011, Terra e Tempo, "Recuperando un dos nosos clásicos: Gonzalo López Abente ". 24/10/2011, Galicia Hoxe, "A editorial Alvarellos recupera no libro 'Bretemada' cen poemas inéditos de Gonzalo López Abente". 23/10/2011, La Voz de Galicia, "«Bretemada» recobra vida en Muxía ". 22/10/2011, La Voz de Galicia, "A Fundación López Abente presenta o poemario inédito «Bretemada» ". 20/10/2011, La Voz de Galicia, "O libro de López Abente é un acontecemento moi importante para a literatura galega ". 11/10/2011, La Voz de Galicia, "Sae á luz «Bretemada» con cen poemas inéditos de López Abente ". 29/09/2011, La Voz de Galicia, "Un libro inédito de Gonzalo López Abente llegará a las librerías el próximo mes ". 29/09/2011, El Correo Gallego, "A imprenta un poemario inédito de López Abente ".



“BRETEMADA” co-editado pola Fundación Gonzalo López Abente e Alvarellos Editora, finalista do Premio Ánxel Casal ao libro de poesía 2011. 17/02/2012
. “BRETEMADA” co-editado pola Fundación Gonzalo López Abente e Alvarellos Editora, finalista do Premio Ánxel Casal ao libro de poesía 2011.
A obra Bretemada de Gonzalo López Abente, no programa cultural 07/12/2011
. A obra Bretemada de Gonzalo López Abente, no programa cultural "Eirado" da TVG. 3-12-2011. Minutos: 18:34 a 27:05.


PREZO: 20,00 €





ISBN: 978-84-89323-73-5 Páxinas: 227 PVP: 20 € Medidas: 13x21 cm Idioma: galego Ilustracións: varias fotografías —algunhas inéditas— do autor e reprodución das primeiras páxs. do mecanoscrito orixinal. Encadernación: cartonado Data 1ª edición: Setembro, 2011 Colección Rescate [clásicos] Nº colección:15

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


QUENDA DA CATIVIDADE
Prezo: 8 €
DE CATRO A CATRO
Prezo: 21 €
Os exilios que somos
Prezo: 13 €
SAN FRANCISCO DE ASÍS
Prezo: 29 €

ROSA TÁNTRICA
Prezo: 12,5 €
TELÚRICA
Prezo: 9 €
ENTRE AS PAREDES DO SILENCIO
Prezo: 9 €
Á PROCURA DA POESÍA
Prezo: 24 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.