BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Ilustrada [viaxes+fotografía+artes plásticas]


POR LA CALLE DE SAN MARCOS

Biografía de una rúa lucense

Julio Reboredo Pazos

DOUS SÉCULOS DE HISTORIA DE LUGO A TRAVÉS DA RÚA DE SAN MARCOS

A aparición deste ensaio coincide coa conversión en praza deste emblemático espazo urbano lugués. O autor, catedrático de ensino secundario e especialista en Historia Contemporánea, aporta documentación inédita con máis de 200 fotografías e ilustracións históricas da vida luguesa. Cómo a Historia se reflicte en Lugo a través da rúa de San Marcos: a sociedade, a política, a economía e a cultura.

O ensaio POR LA CALLE DE SAN MARCOS. BIOGRAFÍA DE UNA RÚA LUCENSE detense nos dous últimos séculos da historia de Lugo ao seu paso por esta emblemática vía. Unha obra ilustrada con 235 imaxes (moitas delas, inéditas, procedentes do arquivo persoal do autor), poboada por medio milleiro de personaxes, documentación rigorosa, amplo anecdotario, e un relato amenísimo que engaiola ao lector e o transporta, desde as orixes da rúa até converterse no espazo urbano que chega aos nosos días.

OS PERSONAXES. Isabel II con Alfonso XII no colo durante a súa visita a Lugo en 1858, Nicolás Salmerón (presidente da I República española) no seu exilio lugués de 1875 ou Alcalá Zamora (presidente da II República) en 1934; Federico García Lorca en 1932, Franco trala fin da Guerra ou o rei Juan Carlos en 1976. Todos eles, como o arquitecto Nemesio Cobreros, os médicos e poetas Manuel Amor Meilán ou Luis Pimentel, o Rey Chiquito, Juan Montes, Correa Calderón, Rafael de Vega Barrera... e así ata varios centos de personaxes —famosos e anónimos— cuxas historias, ao seu paso pola rúa de San Marcos, son rescatadas nesta obra. 

O PALACIO DE SAN MARCOS. Unha rúa presidida polo emblemático Palacio de San Marcos, sede, dende o último tercio do século XIX, da Diputación Provincial de Lugo, e un edificio que tamén acolleu o primer Instituto da cidade, a Biblioteca provincial, a Escola de Maxisterio ou a Escola de Comercio.

DENDE A MACRO Á MICROHISTORIA. Reboredo Pazos transita no seu relato entre o marco xeral da historia e a microhistoria. Dentro desta última percorre, casa por casa, negocio por negocio, todos e cada un dos inmobles da rúa, e detense por exemplo (entre outros) no Hielo Bar, na moblería Americana, na libraría e editorial Celta e, como non, na Libraría Reboredo (1914-1986) propiedade da súa familia.

O autor/a

O autor/a

Julio Reboredo Pazos (Lugo, 1953) é licenciado en Historia, especialidade de Historia Contemporánea, catedrático de ensino secundario, fino narrador, articulista e experto documentalista. Ademais, a súa familia leva cinco xeracións residindo no mesmo inmoble desta emblemática rúa luguesa (“130 anos sen cambiar de casa”, afirma) polo que atesora unha documentación de enorme valor.


Revista de Prensa

22/06/2011, De Luns a Venres, ''A Historia contámola desde o presente; polo tanto, pode ser sempre unha gran mentira'' 08/06/2011, La Voz de Galicia, ''San Marcos, protagonista de la historia de Lugo y de España'' 23/05/2011, El Progreso, ''De extrarradio a corazón urbano'' 04/05/2011, El Progreso, ''La calle fue fruto de una especulación inmobiliaria''



Así se deseñou POR LA CALLE DE SAN MARCOS 10/05/2011
. Así se deseñou POR LA CALLE DE SAN MARCOS
Máis de 200 persoas asisten á presentación de 06/05/2011
. Máis de 200 persoas asisten á presentación de "Por la Calle de San Marcos", a nova obra de Julio Reboredo
Intervención de Antonio Prado na presentación do libro POR LA CALLE DE SAN MARCOS. 05/05/2011
. Intervención de Antonio Prado na presentación do libro POR LA CALLE DE SAN MARCOS.


PREZO: 18,00 €





Páxinas: 186 PVP: 18 € Medidas: 20x19 cms Idioma: castelán ISBN:978-84-89323-68-1 Encadernación: Cartonado Colección: Oeste Data publicación: maio, 2011

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


CORES PARA ALOUMIÑAR SOÑOS
Prezo: 24 €
CATAVENTO DE NEUTRÓS DOMESTICADOS
Prezo: 12 €
A BORDO DUN BARCO SEN LUCES
Prezo: 17 €
ENTRE AS PAREDES DO SILENCIO
Prezo: 9 €

QUENDA DA CATIVIDADE
Prezo: 8 €
SANTIAGO, CIUDAD DE ENCUENTROS Y PRESENCIAS
Prezo: 18 €
BALADA DE LOS MARES DEL NORTE
Prezo: 23,5 €
RÍO ALZHEIMER
Prezo: 9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.