Santiago de Compostela e o Camiño

[AGOTADO] GUÍA VERDE DE SANTIAGO (galego)

12,00 

UN PERCORRIDO ALTERNATIVO E INÉDITO POLA CAPITAL DE GALICIA
(E

Chega ás librerías unha guía nova e orixinal de Compostela que se ocupa dun aspecto moi pouco tratado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica.

Trátase da Guía verde de Santiago unha obra co editada co Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable do Concello de Santiago. A guía, que sae publicada en dúas edicións, galego e castelán, está avalada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. A directora deste Museo, a botánica María Isabel Fraga, é a coordinadora do libro ademais de ser a autora dos textos, en colaboración con Martín Souto e Daniel Castro. Tamén participan Xan Guerra e Francisco Leonardo.

PAPEL ECOLÓXICO E 250 FOTOGRAFÍAS

Impresa en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables) esta primeira guía verde da cidade é toda unha descuberta. Un volume ameno, didáctico, sinxelo, inclúe 250 fotografías a toda cor, ilustracións e mapas de 18 parques e xardíns, e fichas prácticas de 130 especies arbóreas. En total, 216 páxinas nas que se traza un percorrido a través das sorprendentes zonas verdes da capital de Galicia. O libro divídese en dúas partes: A primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano: Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís…. De cada un destes espazos vaise describindo a súa historia, singularidades e especies arbóreas.

A segunda parte é toda unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 especies arbóreas que están presentes nos parques e xardíns de Compostela.

dición en Galego)

Ver Edición en Castelán

50 Cafés históricos de España y Portugal

24,00 

Formato 212 pp. 20 x 19 cms
ISBN: 978-84-89323-90-2

 

Unha guía ilustrada con máis de 330 fotografías e documentos de época.

Cafés históricos de España e Portugal: cincuenta museos vivos reunidos por vez primeira nun roteiro único.

O aroma dos vellos e grandes Cafés. Por vez primeira, un percorrido histórico, literario e humano con parada en cincuenta dos locais máis emblemáticos de España e Portugal. Ilustrado con 330 fotografías e documentos de época.

O autor introdúcenos nunha atmosfera singular na que os reloxos parecen terse detido, a conversa é rica e pausada, e a lectura convértese nun verdadeiro pracer.  Neles chegamos a sentir o ecoar de preto dun Pablo Picasso, Valle-Inclán, Fernando Pessoa, ou mesmo Mick Jagger ou Sara Montiel.

Estes 50 CAFÉS HISTÓRICOS DE ESPAÑA Y PORTUGAL son museos vivos. Representan unha heroica historia de supervivencia. 

Como sinala Antonio Bonet Correa no Prólogo, “son ejemplares únicos que deben ser visitados por lo menos una vez en la vida”.

Adaptados aos novos tempos, resultan hoxe tamén lugares dinámicos, multiculturais, que convocan a todo tipo de xentes.

Apuntes históricos sobre Santiago

22,00 

Obra dispersa y olvidada, 1868-1903

 

Pp:306
Medidas: 13×21 cm
Idioma: castelán
Data de publicación 1ª edición: marzo 2010
ISBN: 978-84-89323-39-1

 

Este volume recupera once monografías do célebre historiador galego do XIX, Antonio López Ferreiro. Ningunha delas —excepto a que pecha a obra— fora publicada antes en libro. Permanecían esquecidas desde fai máis dun século, cando apareceron en forma de extensos artigos integrados en revistas da época.

Estes escritos percorren momentos clave da historia de Santiago de Compostela: documéntanos o autor sobre as orixes do mosteiro de San Paio de Antealtares, recrea o mito do Pico Sacro, interpreta as inscricións da Colexiata do Sar, explica o Códice Calixtino, ou narra a historia do malogrado bispo Suero de Toledo, entre outros temas. Sobre todos estes ensaios merece especial mención o seu relato sobre a historia do altar de Santiago, pois Ferreiro foi o arqueólogo que, en 1879, se había de encargar das excavacións que localizaron as reliquias do Apóstolo.

En todos estes escritos, reunidos e estudados por Xosé Ramón Fandiño, queda patente a que, quizais, sexa a maior cualidade do historiador: ser o primeiro en Galicia en utilizar as fontes e os documentos como base para os seus estudos.

AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO

29,00 

Formato: 149 pp. 30×24 cms
ISBN: 978-84-89323-56-8
[Capa dura]

 

Traducido ao galego directamente do italiano medieval (s. XIV)

Un texto de finais do século XIV, os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron traducidas ao galego dende o italiano medieval por Darío Xohán Cabana e ilustradas, para esta coidada edición, por Darío Basso.

Os Fioretti ou Floriñas de san Francisco foron compostas por un autor anónimo toscano entre 1370 e 1390. Narran a vida e milagres do santo fundador da orde franciscana. Dividida en 53 capítulos, esta obra relata precisamente no seu capítulo cuarto a viaxe de san Francisco a Santiago de Compostela e a súa decisión de fundar aquí o primeiro convento e o inicio da Orde franciscana. Deste feito conmemórase en Galicia en 2014 o oitavo centenario.

Traducida ao longo dos tempos a varios idiomas, agora, e por vez primeira, esta obra pode ser lida en galego, nunha esmerada coedición de Alvarellos Editora e a Xunta de Galicia. Darío Xohán Cabana é o responsable da tradución do texto, realizada directamente desde o italiano medieval. O volume enriquécese con dezasete impactantes acuarelas de Darío Basso.

Na súa introdución, Xohán Cabana describe o ton destas Floriñas:

“Os Fioretti son un delicioso libro de contos piadosos, a miúdo salferidos de graza e humor e sempre cheos de profunda emoción relixiosa, mística e fraternal. As figuras de san Francisco e dos seus compañeiros e seguidores xorden destas páxinas cunha extraordinaria capacidade de sedución, cheos de vida e de verdade e, por que non dicilo así, de simpatía persoal”.

 

PREMIO DA EDICIÓN DE GALICIA

A tradución de Darío Xohán Cabana recibiu o Premio da Edición de Galicia 2014 á Mellor Tradución do Ano. O galardón foi entregado ao editor Henrique Alvarellos e ao tradutor Xohán Cabana no transcurso da Noite da Edición de Galicia, celebrada en Pontevedra o 13 de marzo de 2015.

AS ORIXES DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA

29,50 

Estudios composteláns do XIX

 

300 pp. 23×21 cms
ISBN 978-84-16460-51-9

 

Unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX.

O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988), ofrece nestas páxinas un traballo rigoroso, documentadísimo e enormemente didáctico.

Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que principia situando os albores da fotografía no noso país para presentar de seguido o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto.

Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Trázase a biografía de ata vinte e catro profesionais e os seus estudios fotográficos; demóstrase a interrelación nunha maioría deles, a súa ideoloxía común progresista ou o seu achegamento á masonería.

Dedícase un apartado á presenza da muller na fotografía con novas descubertas arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudio propio, Andrés Cisneros, e mesmo descubrimos feitos ben singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos…

Trátase, en fin, dun traballo sen precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.

PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2018

As orixes da fotografía en Galicia recibiu o Premio Antón Losada Diéguez 2018 ao mellor Ensaio do Ano. O xurado salienta “a calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelá”. Asimesmo destácase a calidade e coidado da súa edición, e o interese das fotografías reproducidas que axudan a rescatar a memoria visual da época e complementan a investigación documental sobre a vida e traxectoria dos primeiros fotógrafos.

A obra foi ademais finalista na modalidade de Ensaio na Gala do Libro Galego 2019.

CAMINO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL (EDICIÓN EN CASTELÁN)

12,90 

116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-56-4

 

Unha guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten coma un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).

Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.

Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.

CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL [Edición en galego]

12,90 

Unha ruta histórica ilustrada con 75 reveladoras fotografías

 

116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-55-7

 

A guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten coma un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).

Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.

Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.

[Ver edición en castelán, aquí]

EL GRAN VIAJE DE ESTUDIOS DE GARCÍA LORCA

22,50 

Por vez primeira, a crónica íntegra da excursión cultural de 1916 por Castela, Galicia e León

 

336 pp | 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-35-9

 

No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e propoñerse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –con o seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.

Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada, publicada por Alvarellos Editora, que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luís Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta.

Un libro de viaxes moi especial; tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.

CENTENARIO DE IMPRESIÓNS E PAISAXES (1918)

Alvarellos Editora publica esta obra coincidindo co centenario da edición do primeiro libro de Federico García Lorca (Impresións e paisaxes, Selecta, abril de 1918) e os 120 anos do nacemento do poeta. Unha edición anotada e ilustrada con 35 fotografías e documentos de época, ao coidado do editor e escritor Henrique Alvarellos.

O volume inclúe, por unha banda, o relato da viaxe narrada, durante a propia excursión cultural, polo compañeiro de Lorca, Luís Mariscal, que anota, en cada parada, datos precisos e reflexións sobre a paisaxe e as xentes. Un documento excepcional, nunca publicado en libro íntegro ata hoxe.

A VISIÓN DIRECTA E ÍNTIMA DE FEDERICO

Doutra banda, contamos coa visión directa e íntima de García Lorca. Reunimos as súas cartas, plenas de entusiasmo; as súas primeiras prosas, que destilan emoción e fondura crítica, ademais de importantes fragmentos daquel primeiro libro, Impresións e paisaxes e outros textos seus referentes á viaxe.

O xornalista granadino e investigador Juan Luís Tapia traza un interesante perfil biográfico de Luís Marisal, mentres que a doutora en historia da arte, Carla Fernández, ocúpase das notas histórico-artísticas da narración do compañeiro de Lorca.

ITINERARIO DA VIAXE

Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.

[Este libro recibiu unha axuda á edición de o Ministerio de Cultura e Deporte]

Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en castelán]

19,80 

Pp: 204. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-91-5

 

Pasear con García Lorca pola súa amada Compostela. Escoitalo recitar, cantar ou tocar o piano, observar como debuxa, como escribe, con quen fala, que lugares visita… Esta é a crónica do poeta andaluz que nos presenta Henrique Alvarellos, a dun escritor que se definiu como “poeta galego”. Federico García Lorca viviu nesta cidade momentos inesquecibles.

Un volume ilustrado con máis de setenta documentos e fotografías, ademais de numerosas anécdotas e testemuños, moitos deles moi descoñecidos. Inclúe o trazado da primeira
ruta lorquiana pola cidade de Santiago de Compostela.

FASCINADO POR COMPOSTELA

Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia­­, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.

Este libro é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.
En Santiago, García Lorca dá a coñecer algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. Compostela é, finalmente, o fogar editorial dos Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino tributará á nosa lingua e cultura.

UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES

O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade e relata polo miúdo estes días únicos (con quen está, que fala, que visita…). Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. O volume aporta numerosos datos e tamén máis de setenta ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste Lorca en Compostela. Como colofón, nesta obra trázase a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.

Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en galego]

19,80 

Pp.: 204. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-87-8

 

Pasear con García Lorca pola súa amada Compostela. Escoitalo recitar, cantar ou tocar o piano, observar como debuxa, como escribe, con quen fala, que lugares visita… Esta é a crónica do poeta andaluz que nos presenta Henrique Alvarellos, a dun escritor que se definiu como “poeta galego”. Federico García Lorca viviu nesta cidade momentos inesquecibles. Un volume ilustrado con máis de setenta documentos e fotografías, ademais de numerosas anécdotas e testemuños, moitos deles moi descoñecidos. Inclúe o trazado da primeira ruta lorquiana pola cidade de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia­­, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.

Este libro, Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), escrito por Henrique Alvarellos, é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.

En Santiago, García Lorca dá a coñecer algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. Compostela é, finalmente, o fogar editorial dos Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino tributará á nosa lingua e cultura.

UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES

O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade e relata polo miúdo estes días únicos (con quen está, que fala, que visita…). Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. O volume aporta numerosos datos e tamén máis de setenta ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste Lorca en Compostela. Como colofón, nesta obra trázase a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.

GUÍA DE PADRÓN

13,90 

Camino de Santiago, cultura, arte e gastronomía

 

ISBN 978-84-16460-54-0
Formato 12×22 cms. 112 pág.
Idioma: castelán

 

Padrón é o epicentro das tradicións que deron orixe ao Camiño de Santiago. A guía que tes nas túas mans levarache por este rico patrimonio. Ademais, descubrirás que Padrón ofrece grandes atractivos: os edificios nobres e a arte do seu milenario centro histórico; as casas fundadoras de dous escritores únicos: Rosalía de Castro e Camilo José Cela; unha gastronomía liderada polos pementos de Herbón-Padrón e a senlleira lamprea (un peixe de 500 millóns de anos). Ademais, os seus sedutores espazos naturais, bañados polos ríos Sar e Ulla, e as súas animadas festas, que non debes perder.

Máis de cen fotografías e planos explicativos ilustran esta nova proposta.

Esta é a guía que faltaba para que todas as persoas, sexan peregrinas, viaxeiras, visitantes ou veciños, descubran e gocen de Padrón.

GUÍA VERDE DE SANTIAGO (castellano)

12,00 

UN PERCORRIDO ALTERNATIVO E INÉDITO POLA CAPITAL DE GALICIA
(Edición en Castelán)

 

Páxs: 216
Medidas: 12×22
Encadernación: capa branda plastificada
Idioma: castellano
Data de aparición: 30 de decembro 2009
ISBN: 978-84-89323-32-2

 

Chega ás librerías unha guía nova e orixinal de Compostela que se ocupa dun aspecto moi pouco tratado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica.

Trátase da Guía verde de Santiago unha obra co editada co Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable do Concello de Santiago. A guía, que sae publicada en dúas edicións, galego e castelán, está avalada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. A directora deste Museo, a botánica María Isabel Fraga, é a coordinadora do libro ademais de ser a autora dos textos, en colaboración con Martín Souto e Daniel Castro. Tamén participan Xan Guerra e Francisco Leonardo.

PAPEL ECOLÓXICO E 250 FOTOGRAFÍAS

Impresa en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables) esta primeira guía verde da cidade é toda unha descuberta. Un volume ameno, didáctico, sinxelo, inclúe 250 fotografías a toda cor, ilustracións e mapas de 18 parques e xardíns, e fichas prácticas de 130 especies arbóreas.

En total, 216 páxinas nas que se traza un percorrido a través das sorprendentes zonas verdes da capital de Galicia. O libro divídese en dúas partes: A primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano: Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís….

De cada un destes espazos vaise describindo a súa historia, singularidades e especies arbóreas. A segunda parte é toda unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 especies arbóreas que están presentes nos parques e xardíns de Compostela.

Ver Edición en Galego

HISTORIAS DE COMPOSTELA

22,00 

DEZASETE CRÓNICAS DE SANTIAGO (1970)

 

344 pp | 13 x 21 cms | Cartonado.
ISBN 978-84-16460-00-7

 

Unha nova edición, traducida por vez primeira ao galego e con limiar de Xerardo Estévez, rescata as dezasete Historias de Compostela que Xosé Filgueira Valverde publicara en 1970 no selo dos Bibliófilos Gallegos.

Unha das obras fundamentais de Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996). Estas Historias de Compostela foran publicadas en 1970 na editorial compostelá Bibliófilos Gallegos e aparecen agora por vez primeira traducidas ao galego.

No novo limiar que acompaña á presente edición, o arquitecto e ex-alcalde de Santiago, Xerardo Estévez, resume así a esencia destas páxinas:

«Hai na obra de Filgueira un ostinato compostelán coa súa historia propia e europea, que vai do acibeche ou o gravado á grande arquitectura, de Xelmírez a Quevedo, das cantigas alfonsinas ao esplendor do Camiño».

Foron varios centos os traballos que Xosé Filgueira Valverde dedicou ao seu adorado Santiago. Nestas Historias o escritor vese a si mesmo coma un “recomptador”, ou recompilador, daqueles que andaban os camiños da vella Europa contando relatos e cantando melodías, dos que armaban historias para facer máis doada a peregrinación de todos aqueles que ansiaban Compostela.

LA CIUDAD DONDE LAS PIEDRAS FLORECEN

9,00 

Guía botánica de los muros históricos de Santiago de Compostela

 

Formato: 138 pp. 12×22 cms
ISBN: 978-84-89323-80-3

 

De Santiago de Compostela se levan escrito centos de libros e milleiros de páxinas. Pero ningunha obra se dedicara, ata agora, a descubrir esas plantas que —emerxendo da pedra como da nada— florecen espontáneas nos muros históricos da cidade.

Esta guía móstranos como identificar e localizar as 50 plantas con flores máis representativas de once muros históricos de Compostela. Ordenada en prácticas fichas, cada unha inclúe os datos básicos da flor silvestre coa súa fotografía, as súas denominacións populares en galego e castelán, e a localización na cidade. Tamén conta cun apartado de curiosidades e un breve dicionario botánico.

LA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE DIEGO DE GUZMÁN

20,00 

DIARIO INÉDITO DE 1610

 

Formato: 291 pp. 13×23 cms
ISBN 978-84-89323-92-6

 

Despois de catrocentos anos inédito, ve a luz na nosa Colección Oeste o diario manuscrito do peregrino Diego de Guzmán, que visitou Santiago de Compostela no outono de 1610. Un documento único descuberto na Real Academia de la Historia polo investigador da Universidade de Santiago Julio Vázquez Castro. Este profesor realiza para esta edición un estudo rigoroso, revelador e ilustrado dun relato de viaxes de enorme interese para todo o mundo xacobeo e para a historia dunha cidade que, custodiando un sepulcro santo, transformaría Europa.

MARQUESA DE CAMBA, LA

5,90 

RECUPERADA A NOVELA HISTÓRICA DE 1848

Nº páxinas: 297
Medidas: 14 x 21 cms
Idioma: castelán (limiar en galego)
Saída desta edición: setembro 2008
ISBN: 978-84–89323–19–3
Encadernación: cartoné.
Edición ao coidado de Xosé Ramón Fandiño

 

Esta novela parte dun feito histórico: o asasinato, en xuño de 1366, ás portas da Catedral de Santiago, do arcebispo don Suero Gómez de Toledo mailo seu deán Pedro Álvarez. Un suceso que conmocionou á sociedade da época.

O xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera publicou a obra en Madrid en 1848. Os exemplares desa primeira edición foron axiña retirados pola censura, co que o libro pasou a ser un obxecto de culto, inexistente ata hoxe na maior parte das bibliotecas e arquivos.

A publicación que agora presentamos, ao coidado de Xosé Ramón Fandiño é a primeira dende aquela de 1848 (se exceptuamos a tradución ao portugués aparecida en Porto en 1852). A novela posúe o atractivo das mellores tramas de acción. Un asasinato que vai xermolando dende as primeiras páxinas entre traizóns, paixóns amorosas, vinganzas… e a clave deste tráxico acontecemento: as loitas polo poder entre dous irmanastros, Pedro I e Henrique de Trastámara.

Os últimos carballos do Banquete de Conxo [2ª edición actualizada e ampliada]

19,50 

Formato: 12 x 22 cms

ISBN 918-84-16460-64-9

Cosido a fío. Impreso en cor

Edición ao coidado de Henrique Alvarellos.  Autores: Henrique Alvarellos, Xurxo Martínez González, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada Nérida.
O libro que impulsou en 2018 a apertura do Bosque do Banquete de Conxo e en 2021 a candidatura do Carballo centenario como Mellor Árbore Europea 2022.

 

Nova edición ampliada da obra que impulsou a apertura do Bosque do Banquete de Conxo, o espazo natural ao sur de Compostela que fascinou a Rosalía de Castro. Incorpora os tres brindes oficiais daquel insólito acto de fraternidade na Galicia e España de 1856 (os de Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane) e tamén os clandestinos. Inclúe oitenta fotografías, planos e ilustracións, trinta delas, novas. Coordinados polo responsable da edición e coautor, Henrique Alvarellos, escriben tamén Xurxo Martínez, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada.

Alvarellos Editora publica a segunda edición actualizada e ampliada d’Os últimos carballos do Banquete de Conxo, a obra que, editada por vez primeira en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Unha edición ao coidado de Henrique Alvarellos (Lugo, 1968), impulsor da apertura ao público deste espazo natural e histórico.

Incorpora máis de trinta novas fotografías e ilustracións, actuais e históricas; os textos completos dos tres brindes pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, mais tamén a noticia doutros brindes, ata agora descoñecidos, tan atrevidos para o seu tempo que nin sequera chegarían a ser publicados. Xunto a todo isto, moitos datos novos —históricos e literarios— sobre este lugar, un mapa actualizado do bosque, e un total de oitenta ilustracións, planos e fotografías.

Viaxamos ao espazo natural que tanto fascinou a Rosalía de Castro; ao histórico mosteiro que visitou Federico García Lorca en 1916; ao souto que versou, na bruma do século XIII, o trobador Joam Airas; e tamén, ao lugar de devoción pola Virxe da Cuncha de milleiros de peregrinos dende os tempos medievais.

Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a carballeira do Banquete de Conxo. Nela, un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un feito insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e artesáns. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.

Neste bosque, nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.

PICO SACRO

19,00 
FERIDO POLO LÓSTREGO E A LENDA

Vv. Aa. Edición: Miro Villar | Xosé M. Lobato

 

Formato: 14×21 cms. 322 pp.
ISBN: 978-84-16460-15-1

 

Se hai un cumio ou monte mítico, simbólico e histórico a un tempo, en Galicia, este é o Pico Sacro. Elévase garboso ao leste de Compostela, no Concello de Boqueixón, a 533 metros de altitude.

Este libro reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun traballo pioneiro: recompilaron textos clásicos, históricos —algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe— e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais.

Dende o Rexurdimento ata os nosos días, o Pico Sacro foi constante invocación literaria, e esta obra é a proba evidente. Poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas, ata contos infantís…

“Historia e ficción mestúranse aquí nun binomio inseparable”, sinalan os artífices desta convocatoria.

Subamos pois ao Pico Sacro. E academos, dende Galicia, o universo enteiro. Un universo escrito que se desprega en cada unha destas páxinas.

RECUERDOS DE AGOSTO

23,00 

Obra poética, 1850-1858

Formato: 461 pp. 13×21 cms
ISBN: 978-84-89323-55-1
[Capa dura]

 

133 poemas de Aurelio Aguirre. Máis de oitenta deles, inéditos. Outros, como o célebre “Brindis” de Conxo, aparecen agora por vez primeira completos e sen censuras.

Nunha edición crítica, introducción e notas a cargo da profesora Olivia Rodríguez González e cun estudo histórico da man de Xurxo Martínez González.  A reprodución de manuscritos inéditos completa esta coidada edición coa que pretendemos reparar en algo a débeda histórica que, cara á súa figura, Galicia enteira e tamén o movemento romántico español, contraeron durante todo este tempo.

SALÓN TEATRO

18,00 

Corazón do espectáculo

 

Formato: 205 pp. 17×24 cms
ISBN: 978-84-89323-54-4
(Rústica con lapelas)

 

Inaugurado nun mes de outubro de 1920, o Salón Teatro constituíuse axiña en referente cultural de Santiago. Cine, teatro, música e outras manifestacións artísticas sucedéronse neste edificio –situado no número 34 da rúa Nova– ao longo de todos estes anos. Dende 1999 é a sede do Centro Dramático Galego.

Este libro de Jesús Ángel Sánchez recolle de maneira amena, documentada e ilustrada con máis dun cento de fotografías e documentos da época, a crónica dunha institución que foi, e segue a ser, protagonista indiscutible da vida cultural de Compostela.

Santiago de Compostela desde dentro [Edición en castellano]

14,90 

Unha guía sensible, ecolóxica, feminista e cultural da capital de Galicia

 

108 pp . 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-63-2
Cosida.

 

Seguindo a liña doutras guías sensibles e respectuosas coa contorna que viron a luz nos últimos anos en varias cidades de Europa, Alvarellos Editora publica Santiago de Compostela desde dentro, de Marilar Aleixandre. Unha guía alternativa, sensible, ecolóxica, feminista e literaria de Compostela.

É outra forma de descubrir unha cidade. De percorrela, sentila e apreciala. Esta guía ilustrada convida a coñecer Santiago de Compostela dun xeito diferente. Unha proposta para viaxeiras e viaxeiros sensibles, que queiran tanto gozar como aprender, ou gozar aprendendo.

A prestixiosa e premiada escritora e académica Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) lévanos da man polos territorios máis amenos desta capital de Galicia, mais tamén transita polas paisaxes da imaxinación.

Deste xeito, apalparemos a pedra, escoitaremos a natureza, camiñaremos –entre rúas e bosques– a carón de Rosalía de Castro, Federico García Lorca ou Ramón del Valle-Inclán, e sairán ao paso as mil historias que foron construíndo Compostela.

A autora traza Nove Visitas Singulares e logo Catro Itinerarios moi sedutores, un Territorio das mulleres e un Calendario de Árbores, Flores e Festas. 

Ademais, consellos prácticos sobre onde comer ou que doces ou artesanía mercar. Santiago de Compostela desde dentro é a primeira guía sensible, íntima, diferente, desta sempre viva e nova cidade medieval.

Santiago de Compostela desde dentro [Edición en galego]

14,90 

Unha guía sensible, ecolóxica, feminista e cultural da capital de Galicia

 

108 pp . 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-62-5
Cosida.

 

Seguindo a liña doutras guías sensibles e respectuosas coa contorna que viron a luz nos últimos anos en varias cidades de Europa, Alvarellos Editora publica Santiago de Compostela desde dentro, de Marilar Aleixandre. Unha guía alternativa, sensible, ecolóxica, feminista e literaria de Compostela.

É outra forma de descubrir unha cidade. De percorrela, sentila e apreciala. Esta guía ilustrada convida a coñecer Santiago de Compostela dun xeito diferente. Unha proposta para viaxeiras e viaxeiros sensibles, que queiran tanto gozar como aprender, ou gozar aprendendo.

A prestixiosa e premiada escritora e académica Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) lévanos da man polos territorios máis amenos desta capital de Galicia, mais tamén transita polas paisaxes da imaxinación.

Deste xeito, apalparemos a pedra, escoitaremos a natureza, camiñaremos –entre rúas e bosques– a carón de Rosalía de Castro, Federico García Lorca ou Ramón del Valle-Inclán, e sairán ao paso as mil historias que foron construíndo Compostela.

A autora traza Nove Visitas Singulares e logo Catro Itinerarios moi sedutores, un Territorio das mulleres e un Calendario de Árbores, Flores e Festas. 

Ademais, consellos prácticos sobre onde comer ou que doces ou artesanía mercar.

Santiago de Compostela desde dentro é a primeira guía sensible, íntima, diferente, desta sempre viva e nova cidade medieval.

VERSOS A COMPOSTELA

17,00 

EDICION BILINGÜE

 

Nº páxinas: 122
Medidas: 14 x 21 cms
Idioma: bilingüe galego-castelán
Primeira edición: Febreiro 2008
ISBN: 978-84–89323–20–9
Encadernación: cartonado

 

Versos a Compostela reúne por vez primeira –e en edición bilingüe– os poemas nos que a cidade de Santiago é o referente lírico e existencial de Rosalía de Castro (1837-1885). Nestas páxinas gozaremos da poeta en estado puro: intimista, moderna e turbadora. Xunto aos versos, antigas fotografías dun Santiago contraditorio, de “sombras queridas” mais tamén de “sombras odiadas”.

A escritora e profesora Helena Villar Janeiro é a responsable da edición literaria e tradución dos textos de Versos a Compostela, mentras que Xesús Rábade Paredes asina un clarificador estudo introdutorio.

O RETRATO INÉDITO DE FENOLLERA

Esta edición enriquécese coa recuperación dun retrato inédito de Rosalía: o busto realizado arredor de 1904 polo pintor José María Fenollera. O orixinal está perdido e unha copia foi exposta por vez primeira en 1985 no escaparate do fotógrafo Guitián, na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.

Way of St. James from Santiago to Muxía via Brandomil [English Edition]

12,90 

A historic pilgrimage route featuring remains from Roman times

 

116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-65-6

 

Edición en inglés dunha guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten coma un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).

Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.

Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.