isaac díaz pardo

“Estatuto de Galicia SI” [Cartel histórico facsimilar de 1936]

3,50 

Camilo Díaz Baliño

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Histórico cartel da campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia plebiscitado o 28 de xuño de 1936. Reproducido en edición facsimilar e tratado polo deseñador Martiño Picallo. É un dos traballos máis coñecidos, e brillantes, deste pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo en 1936. Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

Neste “Estatuto de Galicia, SI” vemos, sobre fondo claro, unha muller vestida de azul que se apoia nunha gran roda dentada, alusiva ao progreso, e levanta coa esquerda unha pola de oliveira, símbolo da vitoria. No peito leva o Escudo de Galicia, e a súa cabeza vai cuberta por un amplo pano, que lle tapa os ollos, coma unha sacerdotisa, levando na cima unha estrela.

Abaixo, a carón da sinatura do autor aparece o nome da imprenta orixinal: Offset Roel Vigo. A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela.