galicia

“Estatuto de Galicia SI” [Cartel histórico facsimilar de 1936]

3,50 

Camilo Díaz Baliño

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Histórico cartel da campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia plebiscitado o 28 de xuño de 1936. Reproducido en edición facsimilar e tratado polo deseñador Martiño Picallo. É un dos traballos máis coñecidos, e brillantes, deste pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo en 1936. Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

Neste “Estatuto de Galicia, SI” vemos, sobre fondo claro, unha muller vestida de azul que se apoia nunha gran roda dentada, alusiva ao progreso, e levanta coa esquerda unha pola de oliveira, símbolo da vitoria. No peito leva o Escudo de Galicia, e a súa cabeza vai cuberta por un amplo pano, que lle tapa os ollos, coma unha sacerdotisa, levando na cima unha estrela.

Abaixo, a carón da sinatura do autor aparece o nome da imprenta orixinal: Offset Roel Vigo. A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela.

 

Memorias do Café Derby (1929-2020)

24,00 

Fernando Franjo

Páxinas: 192. Formato: 20 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-13-1.
Cosido con fío vexetal
Impreso en papel amigo dos bosques.

 

A historia máis íntima e gráfica dun establecemento centenario: o Café Derby (1929-2020) de Santiago de Compostela. Inclúe 130 fotografías e documentos da época, boa parte deles, inéditos. E os testemuños de varias xeracións que foron protagonistas dos seus inesquecibles faladoiros.

Pasín: memoria dunha resistencia

17,50 

José Luis Estévez

 

Páxinas: 158. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-06-3

 

O xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as libertades: é a “memoria dunha resistencia”, a do exconcelleiro compostelán Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), membro dunha familia mancada a fondo polo franquismo e que representou, na transición, un novo xeito de facer política.

Ilustrado con imaxes inéditas.

Un diálogo entre supervivientes: Eugenio Granell y Vicente Llorens

23,90 
Inmaculada Real López

Páxinas: 484 .

Formato 15,5 x 23,5 cms.

ISBN 978-84-18567-12-4

Rústica cosido.

Papel FSC Amigo dos Bosques

Mais de cen cartas inéditas entre o pintor surrealista galego Eugenio Granell e o historiador valenciano Vicente Llorens. Catro décadas de amizade e exilio precedidas dun documentado estudo introdutorio que inclúe fotografías e documentos moi descoñecidos.