Presentación

Outras voces e outros eidos. Desde Galicia para a rede global dos amantes da cultura. Ensaio, poesía, obras de gastronomía, orixinais guías de Santiago de Compostela, fotografía histórica, obras inéditas ou esquecidas de grandes clásicos galegos (Álvaro Cunqueiro, Aurelio Aguirre, Rosalía de Castro, Urbano Lugrís...). En total, un catálogo vivo de 150 títulos e un histórico de máis de 500.

Alvarellos Editora fundouse en 1977. É unha das editoriais máis veteranas de Galicia. Na etimoloxía do seu nome nace a súa razón de ser: "alvarellos" procede do latino "alvaricus", pequena alvariza ou colmea. Practicamos a biodiversidade. Militamos na cultura, na lectura e nuns libros editados con vocación tamén estética.

O noso proxecto editorial está encabezado por Henrique Alvarellos Casas (Quique Alvarellos), como director e editor, e Marta Pérez Rodríguez, xerente e administradora. Entre os dous coordinamos a un grupo de colaboradores (filólogos e historiadores, deseñadores e distribuidores) cos que completamos o equipo.

Palmarés de Alvarellos Editora

Ano Premio Título/Colección premiados

2006

Premio Gourmand ao “Mejor monográfico en Español”.

45 recetas con ortigas, de Martín Álvarez

2006

Premio Gourmand “Mención de Honor del Jurado Internacional”. Pekín, 2016).

45 recetas con ortigas, de Martín Álvarez

2007

Premio á Edición Histórica

Alvarellos Editora (30 anos de traxectoria)

2008

Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro

50 recetas con filloas (VV.AA)

2008

Premio Irmandade do Libro á Mellor Obra editorial do Ano

Colección Rescate

2010

Mellor tradución do ano

30 gramos, de Leonel Moura, traducido ao galego dende o portugués por Ramón Nicolás.

2010

Premio Gourmand á “Mellor guía de viaxe gastronómica”

Guía secreta da gastronomía de Lugo, por Miguel Vila Pernas

2013

Mellor Libro de Poesía do Ano nos Premios da Edición de Galicia

Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes

2013

Mellor Libro de Non Ficción do Ano nos Premios da Edición de Galicia

Cantares gallegos, hoxe, de Pilar García Negro

2014

Mellor Tradución do Ano nos Premios da Edición de Galicia

As floriñas de San Francisco por Darío Xohán Cabana

2014

Mellor Iniciativa Editorial do Ano nos Premios da Edición de Galicia

Colección Rescate

2014

Premio Irmandade do Libro á Mellor Difusión Cultural

Programa “Libros sen Reservas” conducido por Quique Alvarellos en Santiago TV.

2016

Premio Manuel Beiras á defensa do galego no comercio

Concedido á Editorial pola Cámara de Comercio de Santiago e o Concello de Santiago.

2016

Premio Manuel Beiras á defensa do galego no comercio

Concedido á Editorial pola Cámara de Comercio de Santiago e o Concello de Santiago.

2016

Obras finalistas I Gala do Libro Galego

Carlos Maside. Correspondencia [1928-1958]. Cartas inéditas e dispersas, María Esther Rodríguez Losada (comp.) e Anxo Tarrío Varela (edic.) –Categoría de mellor Ensaio.
No tempo de Follas Novas: unha viaxe pola literatura universal, María Pilar García Negro (edit.) –Categoría de mellor Ensaio.
…e os domingos, un croissant, de Ursula Heinze –Categoría de Narrativa.

2017

Obras Finalistas II Gala do Libro Galego

Os últimos carballos do Banquete de Conxo de Henrique Alvarellos, Xurxo Martínez, Paco Singul e Xurxo Souto –Categoría de mellor Ensaio.
De catro a catro. Manuscrito inédito de Manuel Antonio –Categoría de mellor Iniciativa Bibliográfica
Rosa tántrica, de Luz Pozo Garza, –Categoría de Mellor Libro de Poesía.

2017

Finalista nos Premios da Crítica de Galicia

De catro a catro. Manuscrito inédito de Manuel Antonio – Categoría de Creación