• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Enrique Alvarellos Iglesias

A Coruña, 30 de abril de 1931-Lugo, 2 de xuño de 2004

Músico, editor, escritor e profesor de linguas clásicas, Enrique Alvarellos Iglesias naceu na Coruña en 1931 e criouse, ata os 16 anos na parroquia de Soutolongo (Lalín) para trasladarse logo definitivamente a Lugo onde estudou Humanidades e Música (no Seminario Diocesano), e nesta cidade desenvolvería a súa ampla traxectoria profesional e intelectual. Alvarellos é membro correspondente da Academia Tiberina de Artes e Ciencias de Roma, posúe a Gran Cruz da Orde de San Xurxo de Carintia, formou parte así mesmo do Consello de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, foi directivo da Sociedade Filarmónica lucense e asesor e colaborador da Enciclopedia Galega Universal.

 

Alvarellos Iglesias, home polifacético, fondamente galeguista e posuidor tamén dunha das mellores coleccións de España de máquinas de escribir antigas, fundou, en maio de 1977, a Editorial Alvarellos. A Editorial celebrou en 2014 os seus 40 anos de actividade, polo que é hoxe a vicedecana das editoras galegas.

Enrique Alvarellos Iglesias

O autor

Como escritor, Alvarellos é autor da única historia das Bandas de Música de Galicia, un voluminoso estudio de máis de mil páxinas publicado en 1986 e que foi finalista dos Premios de Investigación de Galicia. Nel recóllese a historia de máis de 400 bandas populares galegas. Así mesmo, Enrique Alvarellos publicou, entre outros libros, a novela Botei corenta anos (1977), o poemario Cen Anacos (1977), Mulleres destacadas de Galicia (1993) e un tomo das súas memorias: 70 anos en clave de fa (2001).

A Música

Fue la música, sin embargo, la que vertebró toda su vida y ocupó un lugar primordial durante sus últimos años, época en la que se centró en la composición musical (más de medio centenar de piezas) y en la dirección de coros. Ya en 1961 había fundado el coro Entre as silveiras, con el que alcanzó ya importantes reconocimientos. En 1981 funda el Orfeón Xoán Montes, que dirigió durante veinte años, tiempo en el que la formación actuó en diversos escenarios de España y Europa. También fue el director de la coral Meigas e Trasgos de Sarria, la Coral de Monterroso, el Coro da Policíla Local de Lugo e Coral de Agolada.

Entre sus composiciones musicales cabe destacar, desde Cantata á Lanzada (obra sinfónico-coral), A Nosa Misa, Fisterra, María Guevara, hasta el Himno do Club Deportivo Lugo, Pequeña flor, diversos villancicos (Cando subín á montaña, Casiña santa, Eu cantar canteille…) o Bimilenaria-Cantata luguesa, obra que dejó inconclusa.

Academia Alvarellos

En marzo de 1963 fundou, xunto coa súa dona Conchita Casas, a Academia Alvarellos, na praza de Comandante Manso, centro docente por onde pasaron, nos seus case corenta anos de existencia, máis de 100.000 alumnos, e onde sobranceou o método mecanográfico que elaborou o propio Enrique Alvarellos e foi recoñecido, en 1968, polo Ministerio de Educación y Ciencia como Sistema Oficial do Estado.

Inauguración de la Academia Alvarellos. 1963
Inauguración de la Academia Alvarellos. 1963