20,00 

Una vida de literatura

Obra xornalística recuperada, 1948-2000

 

Formato: 276 pp. 13×21 cm. Capa dura
ISBN: 978-84-89323-79-7
Data 1ª edición: abril, 2012

 

A obra xornalística de Mariano Tudela permanecía inédita en libro. Este volume de Alvarellos Editora recupera ata setenta textos que teñen un nexo temático común: retratan unha existencia consagrada ás Letras e á Literatura. Desde o primeiro artigo do autor, de 1948, ata os escritos dos seus últimos días.

Unha vida de literatura lese como un ameno diario polo que desfila toda unha xeración brillante de escritores e pintores. Desde Gómez da Serna a Truman Capote, de Pla a Cunqueiro, de María Casares a Urbano Lugrís.

Páxinas que subliman o valor dos grandes amigos, que penetran no fume dos faladoiros de café, ou que evocan —tantas veces— amargas despedidas. E á beira destes recordos escritos, imaxes e manuscritos nunca divulgados de Mariano Tudela con personalidades do mundo cultural galego e español da segunda metade do século XX.

A presente edición foi elaborada por Olivia Rodríguez-Tudela, filla do autor e profesora de Teoría da Literatura na Universidade da Coruña.

e3ad560ff0c0
Compartir

Autoría

"Mariano Tudela (A Coruña, 1925 - Madrid, 2001) foi escritor, xornalista e guionista de radio e televisión. Publicou o su primeiro libro aos 23 años, en 1948, un conxunto de relatos titulado La linterna mágica. Dous anos despois saca á luz a novela curta El hombre de las tres escopetas e en 1951 a súa primeira novela longa, El torerillo de invierno. En 1954 funda co pintor Urbano Lugrís a revista Atlántida. A partir de 1956, xa instalado en Madrid, principia unha intensa e produtiva carreira de escritor que non se deterá ata a súa morte en Madrid, o 12 de outubro de 2001.

Publicou dez novelas longas, dúas novelas curtas, catro libros de relatos breves, corenta e oito biografías e outros volumes de xéneros varios. Tradutor, en colaboración con Ascensión González Deus (a súa dona), de autores como Marcel Proust, Pierre McOrlan, Gilbert Cesbron, Jean Lartéguy ou Jorge Amado. A súa labor xornalística foi moi densa: chegou a publicar más de cinco mil artígos en diarios e revistas, na casi totalidade de xornais de Galicia, en todos os de Madrid e nun bo número de cabeceiras do resto de España e de Hispanoamérica.

"