20,00 

VIAJES Y YANTARES POR GALICIA

Obra periodística olvidada en Vida Gallega, 1954-1963

 

Formato: 198 pp. 13×21 cms
ISBN: 84-85311-20-5
1ª edición: Abril, 2005
[Capa dura]

 

Un libro inédito de Álvaro Cunqueiro. Unha das plumas máis brillantes da literatura galega e española aínda ten material disperso que non vira a publicación en libro. É o caso dos 37 artigos que integran Viajes y yantares por Galicia que o célebre escritor lugués de Mondoñedo publicou, entre os anos 1954 e 1963, na revista Vida Gallega e que permanecían esquencidos.

Cunqueiro viaxa por Galicia e fai arte coa cociña, a paisaxe, as xentes e, en definitiva, a fonda personalidade deste país milenario. Trinta e sete capítulos nos que a gastronomía vai presidindo cada páxina, dende a aportación de senlleiras receitas a todo tipo de anécdotas e descrición dos usos e costumes culinarios galegos. Ademais, Viajes y yantares por Galicia é unha guía turística, de lugares emblemáticos, de persoeiros históricos e lendarios. Nesta nova obra tamén agroma a crítica literaria, a pictórica, mesmo a interpretación das estrelas.

A presente edición inclúe a reprodución ben manuscrita ou ben mecanografiada dalgúns dos artigos tal e como os entregou Cunqueiro á revista; tamén un limiar do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela (especialista no escritor), e un traballo sobre a historia, o contexto, os promotores e algunhas das portadas en cor desta segunda época de Vida Gallega, unha das publicacións periódicas máis populares do seu tempo. Alvarellos Editora principia, con esta obra, a súa colección Rescate, dedicada a recuperar importantes textos da nosa cultura e da literatura universal que permanecen inéditos ou esquecidos.

a11b39228683
Compartir

Autoría

Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) foi un escritor extraordinariamente dotado. Exerceu o xornalismo e a literatura nas súas máis variadas formas (cronista, poeta, novelista, dramaturgo…). A súa pluma é das mais personais, sedutoras e eruditas, tanto da literatura en lingua galega como castelá. Es autor, no catálogo de Alvarellos Editora, de "Viajes y yantares por Galicia" e "Viaje a Lugo".

“Un volume que nos devolve a alegría e que mesmo nos (re)descobre que o outono é a festa dos sentidos en Galiza. Polo tanto, un libro absolutamente recomendábel para todo aquel que queira fuxir do fastío e adentrarse nos camiños dun país soñado, pero por iso mesmo tan real nos corazóns”. XOSÉ RAMÓN PENA, en “Faro da Cultura”, de FARO DE VIGO, 15/09/05.

“Son artículos en los que la pluma de Cunqueiro se manifiesta, como dice Henrique Alvarellos, potente, erudita, fantasiosa, heterodoxa. Textos evocadores, donde el lector acaba preguntándose por el tenue límite entre la fecunda imaginación del autor y la realidad de la Galicia de hace medio siglo”. FRANCISCO RÍOS, en “Culturas” de LA VOZ DE GALICIA, 13/08/05

“Cunqueiro tuvo el don, irrepetido entre sus colegas de Galicia y raro entre los de otros territorios idiomáticos, de convertir en literatura todo cuanto tocaba. Pero quizá en ninguna otra cuerda literaria se aprecien tan claramente sus condiciones de escritor superdotado como en la que trata de viajes y yantares, es decir, aquella que se adscribe a los géneros itinerante y gastronómico. En lo que a éste hace, el escritor mindoniense gozó la peculiar regalía de ser, a un mismo tiempo, sujeto y objeto de inspiración, y así puede hablarse de una literatura gastronómica inducida a Cunqueiro y de otra inculcada por él”. JUAN SOTO, EL PROGRESO, 08/05/05

“La gastronomía preside cada página, desde la aportación de singulares recetas a todo tipo de anécdotas e historia de los usos y constumbres culinarios gallegos. Además, Viajes y yantares por Galicia es una guía turística de lugares emblemáticos y personajes históricos y legendarios”. EL CORREO GALLEGO, 21/04/05

“Una pluma magnífica, una imaginación literalmente fabulosa, unos conocimientos gastronómicos nada comunes… pero de los que ignoro, en cuanto se sale de la cocina gallega tradicional, cuánto tienen de cierto, de experiencias, y cuánto de invención; con Cunqueiro hay que estar siempre en guardia, porque nunca se sabe qué es ficción y qué es realidad”. CAIUS APICIUS, en LIBERTAD DIGITAL, 24/08/05

Viajes y yantares por Galicia alcanzou o Número 2 no “Top galego” de vendas elaborado por La Voz de Galicia correspondente á segunda semana de maio de 2005, e estivo entre os libros galegos máis vendidos durante todo ese mes.