18,00 

Viaje a Lugo

Páginas sobre la ciudad

 

ISBN: 978–84–89323–65–0
Páxs: 200
Medidas: 13×23 cms
Idioma: castelán
Ilustracións: cuberta de Blas Lourés e fotografías do Fondo Vega.
Encadernación: capa dura
Data 1ª edición: febreiro 2011

 

Novo volume da Colección Rescate que reúne por vez primeira os escritos en prosa que o célebre autor dedicou á cidade das murallas. Entre os 24 textos recuperados figura un moi descoñecido: o discurso do Bimilenario, de 1975.

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911–Vigo, 1981) reencóntrase en VIAJE A LUGO. PÁGINAS SOBRE LA CIUDAD cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas, na que viviu anos decisivos. Nela recrea a súa pluma e sentimento. Alvarellos Editora conmemora con este novo volume da Colección Rescate (o número 14) o centenario do nacemento do escritor.

A obra reúne 24 prosas onde o gran narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trovador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole.

A súa pluma transita entre o xornalismo e a literatura, posuída quizás –e sublimada, tamén– polas propias brumas que, dende o río Miño, dibuxan esta cidade como un territorio para a fantasía. Abre o volume —cuxo estudo e selección de contidos corre a cargo de María Xesús Nogueira, especialista no autor— un texto moi singular e tamén moi pouco difundido ata hoxe: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de octubro de 1975, onde bautizou a Lugo como “la Roma del Finisterre”.

A ilustración da cuberta pertence ao pintor lugués Xesús Blas Lourés. O seu óleo titulado “A miña muralla”. Se trata, en definitiva, dunha viaxe dende –ou cara a— esta cidade do suroeste europeo, onde a prosa de Cunqueiro vólvese, unha vez máis, universal.

14cda0f06fdb
Compartir

Autoría

Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) foi un escritor extraordinariamente dotado. Exerceu o xornalismo e a literatura nas súas máis variadas formas (cronista, poeta, novelista, dramaturgo…). A súa pluma é das mais personais, sedutoras e eruditas, tanto da literatura en lingua galega como castelá. Es autor, no catálogo de Alvarellos Editora, de "Viajes y yantares por Galicia" e "Viaje a Lugo".

» Ver inicio do Discurso do Bimilenario de Lugo (1975)

Máis Cunqueiro en VIAJES Y YANTARES POR GALICIA.

24-04-2011, Diario de Ferrol, “Apreciaciones de una grande de la literatura española”.

05-03-2011, La Voz de Galicia, Suplemento Culturas, “Viaje al interior del Lugo de Cunqueiro”.

28-2-2011, Viaje a Lugo en “Zigzag Diario” da TVG.

27-2-2011, El Progreso, Gente, “Cunqueiro”

28/02/2011, La Voz de Galicia, ”Trinta anos da morte de Cunqueiro, o imaxinador prodixioso ”

27/02/2011, Xornal de Galicia, ”Menú de letras para a festa centenaria de Cunqueiro”

15/02/2011, Caderno da Crítica, ”Cunqueiro e Lugo, Lugo e Cunqueiro”

12/02/2011, El Correo Gallego, ”Álvaro Cunqueiro, en su centenario: visión de la vieja ciudad amurallada”

11/02/2011, El Progreso, ”Lugo es la Roma de Finisterre”

11/02/2011, La Voz de Galicia, “Textos lugueses dun mindoniense”

10/02/2011, El Progreso, Mª Xesús Nogueira, ‘Queda por catalogar a obra de Cunqueiro en Prensa”

10/02/2011, El Mundo, “Alvarellos homenajea a Cunqueiro con una recopilación de textos sobre Lugo” 10/02/2011, ABC, “Cunqueiro: en Lugo, sobre Lugo”

09/02/2011, Xornal da USC, “Unha profesora de Humanidades estudosa da figura de Cunqueiro reúne nun libro os textos lugueses do autor ”

09/02/2011,Galicia Hoxe, “Alvarellos reúne os escritos de Cunqueiro sobre a cidade de Lugo”

08/02/2011,Criticalia, “O Cunqueiro lucense”

06/02/2011,Xornal de Galicia, “Alvarellos reúne os textos de Álvaro Cunqueiro sobre a “Roma de Fisterra” ”

03/02/2011, La Voz de Galicia, “Un libro reúne 24 textos que Cunqueiro dedicó a la ciudad de Lugo ”