17,00 

VERSOS A COMPOSTELA

EDICION BILINGÜE

 

Nº páxinas: 122
Medidas: 14 x 21 cms
Idioma: bilingüe galego-castelán
Primeira edición: Febreiro 2008
ISBN: 978-84–89323–20–9
Encadernación: cartonado

 

Versos a Compostela reúne por vez primeira –e en edición bilingüe– os poemas nos que a cidade de Santiago é o referente lírico e existencial de Rosalía de Castro (1837-1885). Nestas páxinas gozaremos da poeta en estado puro: intimista, moderna e turbadora. Xunto aos versos, antigas fotografías dun Santiago contraditorio, de “sombras queridas” mais tamén de “sombras odiadas”.

A escritora e profesora Helena Villar Janeiro é a responsable da edición literaria e tradución dos textos de Versos a Compostela, mentras que Xesús Rábade Paredes asina un clarificador estudo introdutorio.

O RETRATO INÉDITO DE FENOLLERA

Esta edición enriquécese coa recuperación dun retrato inédito de Rosalía: o busto realizado arredor de 1904 polo pintor José María Fenollera. O orixinal está perdido e unha copia foi exposta por vez primeira en 1985 no escaparate do fotógrafo Guitián, na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.

8a0198036987
Compartir

Autoría

Rosalía de Castro (Conxo 1837-Padrón 1885) é a figura central do rexurdimento da literatura galega no século XIX e unha das poetas máis destacadas das literaturas galega e española de todos os tempos. Autora de Cantares Gallegos, cuxa publicación en 1863 supuxo todo un acontecemento cultural, e Follas Novas (1880), poemario ontolóxico e tamén de denuncia social, o seu derradeiro libro foi En las orillas del Sar (1884) toda unha obra mestra, en castelán. Rosalía merece ser considerada, xunto a Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da modernidade poética. É autora así mesmo de varias novelas, a derradeira foi El primer loco (1881), ambientada no histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. A data de aparición de Cantares Gallegos conmemórase todos os anos durante o Día das Letras Galegas.