39,00 

UNIVERSOS EN ORDEN

Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano

 

2 volumes formato 23 x 15′ cms.
1.468 páxinas
ISBN 978-84-16460-04-5

 

A NOVA ACHEGA DO GRUPO IACOBUS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Dous volumes con un total de 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións a cor integran este novo traballo promovido polo Grupo Iacobus de investigación da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, unha obra publicada pola USC en coedición con Alvarellos Editora.

O grupo de investigación Iacobus da Universidade de Santiago presenta unha das súas novas publicacións. Leva por título Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano. Coeditada pola USC e Alvarellos Editora, reúne as máis recentes aportacións de 54 historiadores da Arte.

En total, dous volumes con 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións, nunha obra dixirida polo catedrático de Historia da Arte da USC, José Manuel García Iglesias, e coordinada polas doutoras Carla Fernández Martínez e Rosa María Cacheda Barreiro.

DESDE GALICIA A AMÉRICA

Os artigos recollidos en Universos en orden abranguen un amplo campo de investigación e traballo, que se estende, dende Galicia, por toda Iberoamérica.

Son varios os relacionados con monumentos galegos, que abordan aspectos singulares do mosteiro de San Paio de Antealtares, a escaleira do Colexio dos Irlandeses, a iconografía da Igrexa de Conxo, todos eles en Compostela, ou a historia do Franciscanismo nesta cidade.

Outros céntranse na catedral de Tui, na igrexa da Compañía de Monforte de Lemos, no mosteiro de Santa María de Oia, na ex igrexa de San Francisco de Lugo ou nas ruínas de Santo Domingo en Pontevedra.

Do exterior proceden estudos sobre a arquitectura franciscana en México, os programas iconográficos dos xesuítas en Lima, a presenza dos Jerónimos en Europa e América, a arquitectura jesuítica portuguesa durante a Contrarreforma e a arquitectura española cisterciense a través da prensa artística, entre outros moitos.

314a5b497b1a
Compartir

Autoría