11,00 

SOBRE RUÍNAS

Poemas para o combate neste tempo de vencidos e derrotas.

 

Formato: 108 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-50-6

 

Unha poesía de altura sobre ruínas e fronte a elas. Estes novos versos de Xesús Rábade Paredes (Seixas, Cospeito-Lugo, 1949) son un berro para espelir aos rendidos. Tamén un laio contra a desolación. Álzase neles a voz contra os malditos, os ruíns e os mercadeiros. O universo literario, en fin, dun dos nosos mellores creadores.

No poema titulado “Devastación”, dise: “Quizais é que exhibimos en exceso / a infinita paciencia. / Que na mesma mirada delatamos, / como os peixes e as vacas, / a tristeza xenética”.

“Atoparás aquí, lector, cousas que che fagan pensar e cousas que te conmovan (…). O único valor da arte, dixo alguén, é lembrarnos que a vida é o que importa. (María do Cebreiro, no Limiar).

10c92d5a17d8
Compartir

Autoría

Xesús Rábade Paredes. Poeta, narrador, ensaísta e tradutor de dilatada traxectoria. Iniciouse moi novo na creación, sendo alumno no Instituto de Lugo de dous excelentes profesores: Mª Victoria Moreno e Xesús Alonso Montero. Membro da promoción ­poética de 1968 e antologado en Os novísimos da poesía galega (1974), en 1977 subscribe o manifesto de renovación Cravo fondo. Con Helena Villar, a súa muller, ten colaborado en varios proxectos creativos e didácticos. Obtivo, entre outros, os premios Manuel Antonio, Galicia, Esquío e González Garcés. A súa obra poética reúnese nos seguintes volumes: Xuntos cara o mañán (1969), O sangue na paisaxe (1979), No aló de nós (1981), Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993), Cabeleira de pedra (1993), Os dedos dos loureiros (2000), Os anos da memoria (2006) e Lugar do canto (autoescolma bilingüe, 2008).

Ficha do autor na Wikipediahttp://gl.wikipedia.org/wiki/Xes%C3%BAs_R%C3%A1bade_Paredes

PREMIO DA EDICIÓN DE GALICIA: Mellor Libro de Poesía do Ano 2013 http://www.editoresgalegos.org/gl/actualidad/novas/amosar/id/5026

MELLOR LIBRO DE POESÍA DO ANO 2013  para os lectores de Fervenzas Literarias: http://fervenzasliterarias.com/index.php/de-actualidade/os-mellores-do-2013.html

FINALISTA NOS PREMIOS DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA (AELG) 2014 http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=24060

Escoita ao autor recitando poemas deste libro (Vilalba, 22/11/13):
“Nada que celebrar”
“Palabra alzada en armas”
“Esteos da memoria” e “Evocación do pai”

18/06/2014 Revista de poesía ZURGAI. . Euskal herriko olerkiaren aldizkaria. Poetas por su puebloXesus_Rabade_Paredes.pdf

30/05/2014 El Progreso. Paredes: “O que importa nas Letras Galegas non é o poeta, son os amigos”. Progreso300514.pdf

30/05/2014 El Progreso. Presentación en Lugo. http://elprogreso.galiciae.com/nova/335471.html?lang=gl

28/05/2014 Mundiario.com “A poesía indignada dun dos nosos mellores escritores” http://www.mundiario.com/articulo/opinion/poesia-indignada-dun-mellores-escritores-galegos-xesus-rabade/20140528220333018794.html

25/05/14 Grial, nº201. Crítica de Miro Villar. http://crebas.blogaliza.org/2014/05/27/recension-a-sobre-ruinas-de-xesus-rabade-paredes-en-grial-201/

31/04/2014 Magazine Cultural Galego. Entrevista de Montse Dopico http://montsedopico.com/por-fora/dereita-abomina-da-memoria-quizais-porque-lle-doe-e-neste-caso-son-perfectos-herdeiros-tirano/

17/04/2014 La Región – Crítica de Rosa Enríquez http://www.laregion.es/opinion/rosa-enriquez/ruinas/20140417101809458784.html

23/02/14 El Correo Galelgo – Crítica de Arcadio López-Casanova http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/arcadio-lopez-casanova-ruinas-plenitude-dun-poeta/idEdicion-2014-02-25/idNoticia-854764/

18/12/13 La Voz de Galicia- Barbanza http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/12/18/animadas-veladas-arte-literatura/0003_201312B18C12991.htm

13/12/13 Reportaxe fotográfica da presentación en Rianxohttps://www.facebook.com/media/set/?set=a.10152477181019418.1073741833.414872009417&type=1

13/12/13 Radio Galega. Diario Cultural: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-13-12-2013-715425#.UqsrjvNkG2g.twitter

06/12/13 Caderno da Crítica. Ramón Nicolás: http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/12/06/sobre-ruinas-de-xesus-rabade-paredes/

02/12/13 Ateneo de Santiagohttp://www.ateneodesantiago.com/?p=4167

28/11/13 El Correo Gallego http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/xesus-rabade-deita-ruinas-sua-lirica-rebeldia/idEdicion-2013-11-28/idNoticia-839496/

28/11/13 El Correo Gallego: “Poesía contra a resignación”  http://www.elcorreogallego.es/opinion/cuadro-de-honor/ecg/poesia-resignacion/idEdicion-2013-11-28/idNoticia-839586/

28/11/13 Reportaxe fotográfica da presentación en Santiago: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.10152433598524418.1073741832.414872009417&type=1

25/11/13 A Voz de Vilalba.com http://avozdevilalba.blogspot.com.es/2013/11/imaxes-de-sonos-de-auga-e-sobre-ruinas.html

23/11/13 El Progreso http://elprogreso.galiciae.com/nova/292767-reflexions-dun-poeta

23/11/13 Reportaxe fotográfica da presentación en Vilalba (Lugo)  https://www.facebook.com/media/set/?set=a.10152406540149418.1073741831.414872009417&type=1