17,00 

SANTIAGO TAFALL

Un músico compostelano en los albores del galleguismo

 

Páxinas: 162
Medidas: 13×23
Idioma: castelán
Data de publicación 1ª edición: maio 2010
ISBN: 978-84-89323-40-7
Encadernación: rústica

 

Santiago Tafall Abad (1858-1930) foi unha figura clave no panorama cultural da Galicia de fins do século XIX e primeiro terzo do XX. Destacado músico e musicólogo, mestre de capela e cóengo da catedral de Santiago. Este volume, Santiago Tafall. Un músico compostelano en los albores del galleguismo, constitúe unha importante –e pioneira– aproximación á súa vida e obra. A autora, Beatriz Cancela, estuda a súa tripla faceta como docente, compositor e teórico, para centrarse logo na vinculación do músico co movemento “rexeneracionista”. Tafall apostaba polo purismo musical e o estudo do folclore tradicional galego, catalogando os “alalás” como os cánticos máis puros, conectados co propio canto gregoriano. Consideraba o pasado medieval como o culmen da cultura galega. Profundou nas teorías vixentes da época, dentro do galeguismo tradicionalista no que estaba inmerso Compostela, e chegou a teorizar ao redor dos vínculos entre o folclore galego e o bretón, defendendo a orixe celta para a gaita e o medieval para a zanfona. Esta obra recibiu en 2009 o I Premio de Ensaio Histórico “Domingo Fontán” da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.

ad277c6da666
Compartir

Autoría

Beatriz Cancela Montes (Santiago, 1981) é diplomada en Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo. En 2009 gana o I Premio de Investigación Histórica “Domingo Fontán”, con esta a súa primeira publicación. Desde 2010 afronta a Tese Doutoral vinculada á Universidade de Oviedo.