Novo

22,50 

Revista “Peña Trevinca. Montañeros de Galicia” [1944-1950]. Edición facsimilar

Páxinas: 310.

Formato 16 x 22 cms.

ISBN 978-84-18567-08-7

Rústica fresada. Impresa a cor.

Papel FSC Amigo dos Bosques.

A revista que, nos anos 40, iniciou o montañismo en Galicia e un novo xeito de ver a natureza.

Presentamos un valioso documento. A publicación facsimilar dunha revista da que só se conservaba hoxe unha colección completa: nove números que viron a luz no Barco de Valdeorras entre 1944 e 1950. Unha iniciativa pioneira no eido do montañismo e da natureza que agora rescatamos íntegra, precedida da análise de tres xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela (L. Martín Agrelo, Juan M. Trillo e Valerià Paül) e ao coidado do historiador Ricardo Gurriarán.

 

Compartir

Presentamos un valioso documento. A publicación facsimilar dunha revista ilustrada, Peña Trevinca. Montañeros de Galicia, da que só se conserva hoxe unha colección completa: nove números que viron a luz no Barco de Valdeorras entre 1944 e 1950.

Unha iniciativa pioneira no eido do montañismo e da natureza que agora rescatamos íntegra.

Foi o historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez –fillo dun dos fundadores e artífices deste proxecto, Gonzalo Gurriarán Gurriarán– quen conservou esta colección, o que nos permitiu preparar a presente edición facsimilar, na que respectamos o formato e as cores da revista orixinal.

A COLABORACIÓN DE TRES XEÓGRAFOS DA USC
Este rescate editorial conta, ademais, coa imprescindible colaboración de tres xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela: os doutores e docentes Valerià Paül e Juan Manuel Trillo, e o investigador Luis Martín Agrelo, traballos precedidos polo texto do propio Ricardo Gurriarán. Con todos eles poderemos contextualizar, valorar e entender, en definitiva, as dimensións daquela fazaña.

A revista, consagrada a pór en valor o macizo de Pena Trevinca –que é, cos seus varios «dousmiles», todo un símbolo no noso país—, representou o nacemento do montañismo organizado en Galicia e foi unha das iniciativas pioneiras en toda a península ibérica.

O PRIMEIRO POEMA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN DESPOIS DO 36
Ademais, foi nestas páxinas onde o avogado e poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, protagonista das Letras Galegas de 2022, vería publicado en 1948 (desde o seu exilio en México) o seu primeiro poema na súa terra natal desde o golpe de 1936. Ramón Otero Pedrayo tivo tamén unha estreita vinculación con este proxecto.

Subamos pois, agora de novo, e dun xeito ben especial, ao macizo de Pena Trevinca, o cumio de Galicia.