8,00 

QUENDA DA CATIVIDADE

1º Premio Certame Literario-Concello de Vilalba, 2012

 

Formato: 50 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-47-6

 

Corenta sonetos de amor. Xoán Piñeiro recréase na música dos hendecasílabos para transmitirnos a ledicia da entrega amorosa: unha doce atadeira, unha cadea lene, a quenda da catividade.

“Preso por ti, / deitando un mesmo zume”, exclama.

Esta obra obtivo o I premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).

2534a30d4292
Compartir

Autoría

Xoán Xosé Piñeiro Cochón nace e vive en San Martiño de Salcedo, Pontevedra. É sociólogo e xornalista. Traballa no sector audiovisual como produtor de documentais. Leva publicados varios libros de relatos como Coa lei de costas (1998) ou Lista de espera (2003). No eido da poesía (inédita ou dispersa na súa mayoría) adoita optar por formas métricas frecuentemente rimadas.

05/07/2013 El Progreso: “Alvarellos Editora publicará catro obras do certame de poesía vilalbés“.

15/07/2013 Biblos. Clube de Lectores. Boletín de xullo/agosto 2013.

24/08/13 La Voz de Galicia-Vilalba: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/08/23/agosto-mes-poesia-vilalba/00031377290066313255640.htm?idioma=galego

24/08/13 El Progreso: http://elprogreso.galiciae.com/nova/272468-pablo-bouza-rafael-catoira-ganan-xxxix-certame-literario-vilalba