18,00 

POR LA CALLE DE SAN MARCOS

Biografía de una rúa lucense

 

Páxinas: 186
Medidas: 20×19 cms
Idioma: castelán
ISBN:978-84-89323-68-1
Encadernación: Cartonado
Data publicación: maio, 2011

 

A aparición deste ensaio coincide coa conversión en praza deste emblemático espazo urbano lugués. O autor, catedrático de ensino secundario e especialista en Historia Contemporánea, aporta documentación inédita con máis de 200 fotografías e ilustracións históricas da vida luguesa. Cómo a Historia se reflicte en Lugo a través da rúa de San Marcos: a sociedade, a política, a economía e a cultura.

O ensaio POR LA CALLE DE SAN MARCOS. BIOGRAFÍA DE UNA RÚA LUCENSE detense nos dous últimos séculos da historia de Lugo ao seu paso por esta emblemática vía. Unha obra ilustrada con 235 imaxes (moitas delas, inéditas, procedentes do arquivo persoal do autor), poboada por medio milleiro de personaxes, documentación rigorosa, amplo anecdotario, e un relato amenísimo que engaiola ao lector e o transporta, desde as orixes da rúa até converterse no espazo urbano que chega aos nosos días.

OS PERSONAXES. Isabel II con Alfonso XII no colo durante a súa visita a Lugo en 1858, Nicolás Salmerón (presidente da I República española) no seu exilio lugués de 1875 ou Alcalá Zamora (presidente da II República) en 1934; Federico García Lorca en 1932, Franco trala fin da Guerra ou o rei Juan Carlos en 1976. Todos eles, como o arquitecto Nemesio Cobreros, os médicos e poetas Manuel Amor Meilán ou Luis Pimentel, o Rey Chiquito, Juan Montes, Correa Calderón, Rafael de Vega Barrera… e así ata varios centos de personaxes —famosos e anónimos— cuxas historias, ao seu paso pola rúa de San Marcos, son rescatadas nesta obra.

O PALACIO DE SAN MARCOS. Unha rúa presidida polo emblemático Palacio de San Marcos, sede, dende o último tercio do século XIX, da Diputación Provincial de Lugo, e un edificio que tamén acolleu o primer Instituto da cidade, a Biblioteca provincial, a Escola de Maxisterio ou a Escola de Comercio.

DENDE A MACRO Á MICROHISTORIA. Reboredo Pazos transita no seu relato entre o marco xeral da historia e a microhistoria. Dentro desta última percorre, casa por casa, negocio por negocio, todos e cada un dos inmobles da rúa, e detense por exemplo (entre outros) no Hielo Bar, na moblería Americana, na libraría e editorial Celta e, como non, na Libraría Reboredo (1914-1986) propiedade da súa familia.

e9f6f4f786bf
Compartir

Autoría

Julio Reboredo Pazos (Lugo, 1953) é licenciado en Historia, especialidade de Historia Contemporánea, catedrático de ensino secundario, fino narrador, articulista e experto documentalista. Ademais, a súa familia leva cinco xeracións residindo no mesmo inmoble desta emblemática rúa luguesa (“130 anos sen cambiar de casa”, afirma) polo que atesora unha documentación de enorme valor.