16,00 

POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY

50 FOTOPOEMAS | PHOTOPOEMS

 

106 pp | 12 x 17 cms.
ISBN 978-84-16460-32-8
[Capa dura e interior a cor]

 

Publicado en tres idiomas  —galego, castelán e inglés— esta deliciosa edición inclúe 50 fotopoemas de Helena Villar Janeiro.

“Un libro de meditación e rezo para ateos e agnósticos”, así o define a súa autora, a premiada escritora galega.

Na contraportada avánzase a esencia desta poesía mínima, ilustrada con 50 fotografías:

“As cousas sinxelas constrúen o universo”.

6cf098c64de9
Compartir

Autoría

Helena Villar Janeiro (Becerreá-Lugo, 1940) Profesora, pedagoga, conferenciante, poeta, narradora, articulista e traductora, dedicou parte da súa abundante producción literaria á infancia, modalidade da que foi pioneira tanto en narrativa como en poesía. Foi incluída no catálogo White Ravens (anos 1990 e 1994) e na lista de honra do IBBY (anos 2002 e 2004). É Socia de Honra 2015 de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e recibiu o E de Escritora 2016 da Asociación de Escritores en Lingua Galega.