8,00 

POEMAS DE RUXIDO E BARRUZO

[2º Premio XLI Certame Literario Concello de Vilalba]

 

46 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-11-3

 

O barruzo, esa chuvia pequena e teimuda que semella desaxustar o mundo, e o ruxido como metáfora –e berro– do creador inadaptado, son os dous eixes sobre os que se constrúen estes versos de Paulino Pereiro, Poemas de ruxido e barruzo,  unha obra que recibiu en 2015 o 2º premio do Certame Literario do Concello de Vilalba.

O meu barco non ten océano”, escribe o poeta. O autor atopa abeiro nunha natureza que representa aquí o equilibrio, coma o río, “sangue paralelo do meu sangue”, ou o aire da mañá “que batalla contra o ruxido”. Sobre todos eles xorde tamén o acougo na función da propia escrita.

Trinta e seis poemas en verso libre que flúen musicais e poderosos estruturados coma un diario real, datado en tempo e espazo, escritos durante seis semanas dun verán no norte…

56c5d70fbbbb
Compartir

Autoría

Paulino Pereiro (A Coruña, 1957) é compositor de música de cámara, orquestral, teatral e cinematográfica, cun amplo catálogo que supera as 250 composicións e ten sido interpretado en países de Europa, Asia e América. Publicou, entre outras partituras, a colección de pezas para piano Caderno de melodías populares, as Melodías paisanas e Cancións de aquí e acolá ademais de varios discos compactos coa súa música. Como escritor, é autor das pezas de teatro O leitor de Goethe, Cyrano de Bergerac (en colaboración con Francisco Pillado) e A representación; as novelas Entre dous (en colaboración con Victoria Salgado), Calidoscopio, Arredor de Chinto e Sinfonía cíclica (finalista do Premio Lueiro Rey) e os libro de relatos Desde unha mesa de café (tamén na súa versión española), e Habitar as illas (Premio Carvalho Calero), así como os ensaios Iniciación á linguaxe musical e Poética da música teatral. Como poeta, publicou Morte do Mar. E traduciu a versión galega de Blanche, dans la débâcle des ténèbres de Daniel Thibaut.