13,00 

Poema da Rúa das Aves

XLV Premio de Poesía do Concello de Vilalba

 

68 pp . 21 x 15 cms.
ISBN: 978-84-16460-78-6

 

«A poesía con formato guión». Así define o autor este singular libro de versos que foi recoñecido en 2019 co Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición número 45.

 

O Poema da Rúa das Aves é «imaxe en poesía, poesía en imaxe». Xorde a partir dun feito tan real como fondamente poético: no barrio vilalbés de Porta de Cima cada casa era coñecida cun orixinal alcume de paxaro (que o autor personifica como «Andoriña do Rego», «Moucha Sagrario», «Bubela Engracia»…).

 

Sobre esta historia, e utilizando técnicas cinematográficas, Miguel Barrera elabora unha sedutora homenaxe en verso a este barrio da súa vila natal, composicións que son tamén un tributo aos poetas de Vilalba. E a partir deste ámbito íntimo, Barrera constrúe toda unha metáfora do noso país.

Compartir

Autoría

Xosé Miguel Barrera Vázquez naceu en Vilalba en 1964 e reside en Torrelaguna (Madrid). Comezou a publicar os seus versos en 1985 no xornal A Voz de Vilalba. É autor dos libros de poesía Loita de silencio (1993), Na árbore do desespero (Derradeiros poemas de Cándida) (2002) e Poemas do tempo silenciado (2006). Forma parte do denominado grupo Bilbao de poetas galegos afincados en Madrid e da xunta directiva de Amigos de Prisciliano, movemento cultural fundado en París polo escritor Ramón Chao. É ademais fundador e foi vicepresidente da asociación Letras de la Sierra Norte de Madrid, e integrou o grupo de guionistas do proxecto cinematográfico «Una tela en blanco».