12,50 

PAZO DE TOR

O LIBRO DE DESPEDIDA DA GRAN POETA (1922-2020)

 

94 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-45-8

 

Aos seus 96 anos de idade, publica novo libro unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas. En Pazo de Tor, Luz Pozo Garza viaxa ás orixes familiares dos Garza, situadas neste magnífico edificio barroco enclavado nun lugar privilexiado do Val de Lemos.

Inspirándose neste espazo histórico e xeográfico, a poeta compón trinta poemas nos que, unha vez máis, demostra a capacidade da súa pluma excepcional, fóra de calquera tempo ou moda.

O coidado da edición corre a cargo da profesora Carmen Blanco, especialista na poeta, e o limiar asínao o escritor, editor e presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.

«O lector debe entrar no verso deixándose levar –escribe Freixanes–, descalzo, espido de precaucións e entregado a cada paso que, de vagariño, nos conduce pola escada de luz, coma nos antigos místicos, coma os pitagóricos, cara ao non nomeado, a música das esferas, que non se pode describir, mais debemos limitarnos a sentila».

Carmen Blanco, na súa nota editorial, exclama:  «A soidade é a vitoria. Luz Pozo Garza. Lucidez. Profundidade. Clasicismo. Tamén Luz Pozo. Poética iluminista de luscofusco. E Garza. Sensual poética erótica mística. Luz. Licenzas. Unha mestra. Unha clásica: a ave da luz sabe onde está o norte? ou “Nin sabe acaso nada…”. Pazo de Tor de Luz Pozo Garza. Pazo Garza Pozo».

e2a3dd472480
Compartir

Autoría

Luz Pozo Garza (Ribadeo,1922), catedrática, poeta, ensaísta e crítica, pertence á Real Academia Galega desde 1996. A súa obra poética principia con Ánfora (1949), El Vagabundo, Cita en el viento... En galego: O paxaro na boca, Verbas derradeiras, Concerto de outono, Códice Calixtino, Prometo a flor de loto, Medea en Corinto, As arpas de Iwerddon, Memoria solar, As vodas palatinas, Deter o día cunha flor (2009)... Dirixiu a revista literaria Nordés. Na actualidade (2011), leva Clave Orión, en galego, con colaboracións en alemán, ruso, grego e outras linguas. Como ensaísta e crítica, publicou A bordo de “Barco sin luces” —agora renovado—, Álvaro Cunqueiro e “Herba aquí e acolá “, Galicia ferida/A visión de Luís Seoane, Ondas do mar de Vigo, Diálogos con Rosalía. A súa traxectoria poética levouna, a través de diversas correntes e técnicas, a acadar unha voz moi persoal, hoxe amplamente recoñecida.