14,00 

O MEU AVÓ E O QUEIXO

María Reimóndez | Ilustrado por Vanesa Álvarez

 

32 pp.
21,5 x 21,5 cms
ISBN: 978-84-16460-81-6
Capa dura.
Cosido a fío.
Impresión offset.

 

Escrito por María Reimóndez e ilustrado por Vanesa Álvarez, O meu avó e o queixo é o título dun dos novos contos Verdemar de Alvarellos Editora da primavera/verán de 2020. Unha orixinal historia entre un avó a súa neta tecida arredor do afecto, do humor e da gastronomía. E cunhas orixinais ilustracións inspiradas nos graffitis urbanos.

 

Para o meu avó, o mundo debe de ser coma un queixo.

  • Idade de interese: +3
  • Nivel de lectura: +5

 

ARGUMENTO

Avó e neta comparten o amor polo queixo. Entre eles establécese un divertido diálogo a través do que iremos descubrindo deliciosos queixos de Galicia e do mundo coma o Manchego, o Cebreiro, o de Arzúa ou o Gruyère. Os intres compartidos entre neta e avó convértense en grandes fiestras abertas a un mundo… que é redondo coma un queixo!

 

CLAVES PARA A LECTURA

María Reimóndez: O meu avó José —ou Pepe— Meilán, que as dúas cousas lle chamaban, deixounos cando eu tiña trece anos, mais o seu paso pola miña vida, coma o de todas as boas persoas, perdura ata hoxe no tempo. Del fican un certo sentido do humor, o que lle gustaba cantar habaneras, o seu traballo no taller con camións e coches de todos os tipos e, sobre todo, o amor que compartimos polo queixo. Un punto de encontro para mediar calquera distancia, para usar os sentidos cando non hai posibilidade doutros entendementos. 

Escribín este libro para lembrar como as persoas perduran en nós, mesmo cando pensamos que as perdemos. E, tamén, como non, para renderlle unha boa homenaxe a esa marabilla diversa do coñecemento humano que son os múltiples queixos.

Vanesa Álvarez: Esta historia é un regreso á infancia. Quixen expresalo mesturando personaxes reais [as propias avoas e avós da autora, da ilustradora e do editor] cunha estética de arte urbana e retratos que parecen “stencils” ou estarcidos —un tipo de graffitis— que eu traballo moito, a base de estampados e cores actuais.

Compartir

Autoría