20,00 

O Castelo de Soutomaior [Edición en galego]

Formato: 17×21 cms, 184 pp.
ISBN galego 978-84-16460-85-4

 

Todos os castelos encerran historias, pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial. O historiador Diego Piay Augusto rescátaa no seu novo libro O castelo de Soutomaior. Un lugar cheo de historias (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra) que ve a luz no verán de 2020, publicado en tres idiomas (galego,  castelán e inglés).

 

A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior.

 

Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, e rexurdir novamente a finais do século XIX.

 

MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E DOCUMENTOS

Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.

Compartir

Autoría

Diego Piay Augusto (Pontevedra, 1979) é licenciado en Historia coas especialidades de Arqueoloxía e Historia Antiga. É profesor de Historia Antiga na Universidade de Oviedo e traballa así mesmo como arqueólogo desde hai máis de vinte anos. Deste xeito, dirixiu intervencións ou participou en escavacións emblemáticas como Pompeia ou Piazza Armerina. É autor do libro Prisciliano. Vida y muerte de un disidente en el amanecer del Imperio Cristiano (2018), materia sobre a que, logo de máis de quince anos de investigación, se doutorou en 2016 na Universidade de Santiago de Compostela coa cualificación de sobresaínte cum laude e recibiu o premio especial de doutoramento. Da súa actividade como investigador dan conta ademais numerosos artigos publicados en revistas nacionais e internacionais, nos que as fontes arqueolóxicas tiveron sempre un papel protagonista. Nesta obra, María Vinyals, a muller do porvir, Diego Piay afástase das súas inquietudes históricas e científicas habituais para achegarlle ao público os resultados dunha profunda investigación que naceu ao abeiro do Proxecto de Musealización do Castelo de Soutomaior, promovido pola Deputación de Pontevedra, durante a cal se indagou sobre a historia da fortaleza e, en especial, dunha das súas propietarias máis ilustres, María Vinyals y Ferrés.