18,50 

No tempo de “Follas Novas”

UNHA VIAXE POLA LITERATURA UNIVERSAL

Mª Pilar García Negro, ed.

 

282 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-89323-97-1

 

Mª Pilar García Negro convoca un excelente elenco de docentes e escritoras/es nun libro coral. Nel leremos textos de autoras e autores contemporáneos de Rosalía de Castro, nun diálogo literario que arrinca  –como primeira obra escolmada– de Follas novas (1880).

Este ensaio demostra, con valentía e orixinalidade, como os debates ideolóxicos e estéticos no mundo do XIX están presentes na nosa escritora, e como, dende Galiza, se pode emprender unha viaxe á literatura universal.

 

COLABORAN NESTA OBRA

Eduardo Álvarez escolle e comenta a Guy de Maupassant

Anxo Angueira escolle e comenta a Arthur Rimbaud

Celia Mª Armas García escolle e comenta a Marchesa Colombi

Xosé Luís Axeitos escolle e comenta a Alphonse Daudet

Teresa Barro escolle e comenta a Frances Harper

Carlos Callón escolle e comenta a Júlia Lopes de Almeida

Marica Campo escolle e comenta a Castelo Branco | Verdaguer

Luís Cochón escolle e comenta a Christina Rossetti

Carme Fdez. Pérez-Sanjulián escolle e comenta a Eça de Queirós

Mª Pilar García Negro escolle e comenta a Clarín | Pardo Bazán

Mª Jesús Lorenzo Modia escolle e comenta a George Eliot

Kathleen N. March escolle e comenta a Harriet Beecher Stowe

Carlos Negro escolle e comenta a Curros Enríquez

Pilar Pallarés escolle e comenta a Emily Dickinson

Andrés Pociña-Aurora López escollen e comentan a José Martí

Francisco Rodríguez escolle e comenta a Oscar Wilde

Elvira Sanz Gómez escolle e comenta a Henrik Ibsen

Xoán Ignacio Taibo escolle e comenta a Liev Tolstoi

6a689c96c314
Compartir

Autoría

María Pilar García Negro (Lugo, 1953) é escritora, sagaz investigadora e profesora da Universidade da Coruña. Ensino, cultura, literatura galega, políticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que desenvolve a súa actividade profesional. Entre as súas numerosas obras publicou, en Alvarellos Editora, en 2010, o estudo introdutorio de "Gran Lugo de nebra. Antoloxía de versos e prosas, 1955-1999", de Uxío Novoneyra; en 2013, o ensaio "'Cantares gallegos', hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro" (2013), que recibiu o Premio da Edición de Galicia ao Mellor Libro de Non Ficción do ano, e "No tempo de 'Follas novas'. Unha viaxe pola literatura universal" (2015), no que García Negro se ocupou do coidado da edición e convocou un excelente elenco de docentes e escritoras/es.

VÍDEO PRESENTACIÓN EN VIGO (Libraría Cartabón)


16-10-2015 Casa de Galicia en Madrid Presentación.

01-09-2015 Radio Galega. Diario Cultural. Crítica de Chus Nogueira http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-01-09-2015-1409375

16-07-2015 Iurisdictio lex malacitanaBlog. Crítica de José Calvo

02-07-2015 Criticalia. Crítica de Armando Requeixo

05-06-2015 Terra e tempoArtigo de Eduardo Álvarez

20-05-2015 Terra e tempoArtigo de Xosé Manuel Sánchez Rey

30-04-2015 La Opinión http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/04/30/pilar-garcia-negro-presenta-tempo/951645.html

07-05-2015 O bloque de Carlos Callón http://www.carloscallon.com/2015/05/no-tempo-de-follas-novas.html

-05-2015 La Voz de Galicia Entrevista a Pilar García Negro