14,00 

Na busca de Antón

ISBN 978-84-18567-00-1
Pp: 32. Formato: 22,5 x 21,5 cm
Cartonado. Cosido a fío vexetal
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques.

 

O primeiro álbum escrito e ilustrado pola mestra en Educación Infantil Ana López Quintela (Santiago, 1997) aposta polas novas masculinidades e reflexiona, a través da historia de Antón, sobre os “roles” de xénero.

 

TEXTO CONTRACAPA

Antón aínda non ten un ano,
por iso pouco fala,
así que descoñecemos
se lle gustarán os trens ou as fadas.

 

CLAVES PARA A LECTURA
Por que, se é neno, hai que asignarlle a cor azul e, se é nena, a cor rosa”?

Por que, se é neno, tenlle que gustar o fútbol e se é nena, a danza?

Velaquí un conto que se formula todas estas preguntas e que aposta pola transformación das “vellas” masculinidades e dos estereotipos de xénero.

Así o resume a súa autora, Ana López Quintela:

«A literatura infantil é unha das armas máis bonitas e delicadas que temos para a transmisión de valores na primeira infancia. Cando naceu o meu afillado quixen facerlle un agasallo, este conto. Xorde pola miña preocupación ante a desigualdade que aínda estamos a vivir hoxe, malia os avances: as crianzas, dende moi pequenas, xa se ven influenciadas polos ‘roles’ de xénero, por uns esquemas que temos fixados as persoas adultas sobre o que se considera axeitado ou non axeitado, e que transmitimos dun xeito inconsciente. Este álbum ilustrado contén pois unha mensaxe: cada persoa ten a liberdade de elixir que a define, independenteme de como se identifique».

Idade de interese: + 3

Nivel de lectura: +5

Compartir

Autoría

Ana López Quintela naceu en Santiago de Compostela en 1997. Gradouse en Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela, onde participou como colaboradora no Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC no proxecto coordinado por Jorge García Marín: As violencias e violencias sexuais contra as mulleres na actualidade. Investigación de tipo disgnóstico da situación das usuarias dos CIMs en Galicia. Así mesmo, seguindo na liña de xénero, elaborou un Traballo de Fin de Grao profundando na Pedagoxía Crítica a través da literatura infantil, propoñendo unha unidade didáctica que parte dos contos como medio para fomentar o sentido crítico no alumnado de cara ás desigualdades sociais. 
Na busca de Antón é a súa primeira obra.