17,00 

La música en el Seminario de Santiago

Páxinas: 143
Medidas: 20×19 cm
Idioma: Castelán
Data publicación: Febreiro 2009
ISBN: 978-84-89323-27-8
Colección: En Clave de Fa
Encadernación: Cosida. Capa branda plastificada con lapelas
Ilustracións: Reprodución fotográfica de varias das partituras do arquivo diocesano.

 

Este volume, co-editado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, presenta, por vez primeira, os fondos musicais da antiga biblioteca do Seminario Diocesano de Santiago, hoxe denominada Biblioteca de Estudos Teolóxicos de Galicia. Un completo inventario de todas as partituras conservadas (que abarca desde mediados do século XIX ata os anos sesenta da seguinte centuria) que se complementa cun interesante capítulo onde o autor detense nas distintas etapas vividas polo Seminario compostelán desde a súa creación, en outubro de 1829, e un apartado dedicado a profesorado, lexislación, veladas musicais e organización dos actos. Nomes como Xoán Montes, Pascual Veiga, Xosé Castro Chané, Xosé Pacheco ou Xosé e Ricardo Courtier aparecen á beira doutras figuras con apelidos tan ilustres como os Tomás L. de Vitoria, Francisco Guerreiro, Almandoz, De Benito, Sagastizábal, Perosi, Eslava, Ravanelo ou Urteaga. A obra inclúe a reprodución dalgunhas das partituras máis significativas, dende algunhas das máis antigas das conservadas, como é o caso da manuscrita Misa en Fa de Cándido Aguayo, de 1856. Con este rigoroso e documentado traballo, Fernández Places, músico e profesor de Violín, permítenos profundar no coñecemento da historia moderna da capital de Galicia. Por outra banda, dá un paso máis de face á elaboración desa historia pendente da música galega.


a012b017d5b7
Compartir

Autoría

"Francisco Javier Fernández Places, natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), é profesor de Violín no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. Iniciou os seus estudos musicais en 1986 baixo o maxisterio de Martín Millán. Entre 1988 e 1991 formou parte da Xoven Orquestra de Galicia, coa que realizou varias xiras por Europa e América. Obtivo logo os títulos de profesor superior de Violín e Música de Cámara e se doctoró na Universidade de Santiago baixo a dirección de Carlos Villanueva Abelairas. É asimsimo fundador do cuarteto Campo de Estrelas, co que realiza un labor pedagóxico e divulgativa da música clásica e galega."