27,50 

MULLERES ENTRE REDES

Cartoné. 112 pp. 24 x 24 cms
ISBN 978-84-89323-95-7

 

A artista plástica Ana Cancela confeccionou esta obra na que reinvidica o tradicional oficio das redeiras.

Ao longo de 112 páxinas, a autora leva a cabo un suxestivo percorrido visual polo mundo das redeiras empregando, para iso, diversas técnicas artísticas que mesturan fotografía, gravado dixitalizado, debuxo e collage.  A carón da obra plástica, o libro recolle tamén unha serie de textos procedentes de varios autores e relacionados sempre coa dignidade da muller, da muller traballadora, e coa defensa do oficio das redeiras.

As imaxes recollidas na obra proceden de redeiras de Portonovo, no municipio de Sanxenxo.

O PARADOXO DUN OFICIO TRADICIONAL

Como sinala no seu Limiar o filósofo Marcelino Agís, «Mulleres entre redes amosa un oficio tradicional, o das redeiras, mergullado nun sorprendente paradoxo. Por unha banda, é unha actividade imprescindible para a pesca: sen redes non se pode saír faenar. Por outra, trátase dun traballo que nos fala da invisibilidade da muller que o realiza: está no peirao pero ninguén pode ver esas mans que reparan as redes coas súas puntadas. Se cadra por esta razón este libro é ao mesmo tempo un testemuño dun traballo ancestral e unha reivindicación da dignificación e visibilidade deste oficio».

DO INVISIBLE AO VISIBLE

5e0942ca2955
Compartir

Autoría

Ana Cancela (Santiago de Compostela,1957). Estuda Psicoloxía na Universidade de Santiago (1976-1981) e asiste á Academia de Arte do pintor Xoán Pardiñas en San artiño Pinario. Reside en Sanxenxo dende 1991. Prosegue a súa formación artística na Escola de Arte do pintor Miguel Mantilla. Realiza cursos de gravado na Deputación de Pontevedra no año 1999. Desde 1993 a 1995 imparte os primeiros cursos de pintura e debuxo patrocinados polo Concello de Sanxenxo, sendo a iniciadora da actual Escola Municipal de Arte. No ano 2009 principia os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra. Gradúase en 2013. Así mesmo, desde o ano 2010 é a directora do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (Foro Galicia Milenio), asociación que naceu co obxectivo de promover e catalogar neste municipio a súa etnografía, patrimonio, historia e tradicións populares.