29,00 

MEMORIAS PARA LA HISTORIA DE LA POESÍA, Y POETAS ESPAÑOLES (Obras póstumas)

Páxinas: 429
Lingua: castelán
Colección: Facsímiles Século XVIII
Ano 1ª edición: 1775
Ano edición facsímile: 1988
ISBN: 84–85311–70-1
Medidas: 15,5 x 21 cms.
Limiar: Eligio Rivas Quintas

 

Martín Sarmiento é unha das grandes persoalidades de Galicia. A obra que editamos en facsímile (encadernada en tapa dura e en edición de luxo) foi publicada orixinariamente por Ibarra en Madrid en 1775, tres anos despois do falecemento deste ilustrado nacido en Villafranca del Bierzo (León).

Estas Memorias para la historia de la poesía, y poetas españoles son todo un tratado completo das letras hispanas. Como afirma, no Prólogo, o doutor en Filoloxía Románica Eligio Rivas Quintas, “o Padre Sarmiento vai dereito ás fontes, a miúdo aos propios orixinais. É un dos primeiros en abrir roteiros, tanto na literatura castelá como galega. Analiza o Cantar del Mío Cid e o seu significado na épica, a súa antigüidade e a métrica, logo de ler todo o manuscrito. Magóase de que non haxa quen dé ao prelo a poesía de Gonzalo de Berceo e ofrécese, se tal sucedese, a comentala el mesmo. Axiña se dá conta dos valores que agocha o Arcipreste de Hita na peculiar miscelánea do Libro del Buen Amor. E adivina toda a dimensión da nosa Escola lírica galego-portuguesa cando aínda non apareran os Cancioneiros”.

d6af5f9a9d00
Compartir

Autoría

Frai Martín Sarmiento (Villafranca del Bierzo, 1695 - Pontevedra, 1772) é un dos primeiros galeguistas, un sabio de insaciable curiosidade, investigador agudo e polifacético. Con todo, foi esquecido nos estudos tradicionais e na valoración histórica. Dous séculos despois da súa morte, e sobre todo dende que en 2002 se lle adicou o Día das Letras Galegas, a súa figura comezou a rexurdir. Sarmiento é autor, entre outras obras, da Demostración del Theatro Crítico Universal (1732), a única obra publicada en vida; Colección de voces y frases gallegas (1745), Viaje a Galicia (1745), Pensamientos crítico-botánicos (1752-1762) ou Sobre el lobo cerval (1760).