14,00 

MÁXICO TEAR NATURAL

Esta obra recolle unha viaxe moi persoal por Galicia. Ao longo de 23 etapas, o autor transmítenos a súa experiencia íntima, directa e fonda coa paisaxe que o rodea: as fragas do Eume, Fisterra, Montefurado, Pambre, Cortegada, San Simón, a Raia ourensá ou o Pico Sacro son algunhas das estadías. Os bosques vizosos, os pobos dos emigrados, os cumios na brétema, os regueiros máxicos… Todos eles son interiorizados na prosa poética de Xosé Manuel Lobato. Espazos místicos, ás veces caóticos, no lindeiro entre o real e a ficción. “Máxico tear natural talvez recolle unha utopía —afirma o autor na introdución— talvez o paraíso ideal, ou unha realidade descoñecida para unha gran maioría. O libro pretende sobrevoar o herdo patrimonial de Galicia, refractada a súa realidade —e tamén idealismo— nun feixe de textos que abrollan espontaneamente dende unha perspectiva de intensos contrastes”.

c1e839b69963
Compartir

Autoría

XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ (Lestedo-Boqueixón, 1958) é doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, licenciado en Pedagoxía e diplomado en Maxisterio. Profesor no IES Félix Muriel de Rianxo e investigador nun equipo da USC, onde desenvolve varias liñas de investigación relacionadas coa educación e a emigración. É autor dos libros Autoconcepto en hijos de emigrantes (2001), Diáspora.com (2002) e Cos pés na peneira (2005). O ILUSTRADOR ALFONSO MARTÍNEZ LÓPEZ (Cartagena 1976) é Licenciado en Bellas Artes pola Universidad de Granada. Exerce como profesor de debuxo en Galicia, onde reside desde o ano 2001.

22/12/2011, Programa “Eirado” da TVG do 17-12-11. Minutos: 16’20” a 22’33”. 02/10/2011, Tierras de Santiago, “El boqueixanés Xosé Manuel Lobato presentó su último libro en el local social de Lestedo”. 02/10/2011, Galicia Hoxe, “Xosé Manuel Lobato viaxa en “Máxico tear natural” pola paisaxe galega máis íntima”. 31/10/2011, La Voz de Galicia, Edición Santiago, “El escritor Xosé Manuel Lobato presentó su nuevo libro en Lestedo”. 19/09/2011, La Voz de Galicia, edición Deza, “Encantos naturales de la zona, bajo otro prisma”. 03/08/2011,Caderno da crítica, “Máxico tear natural, de Xosé Manuel Lobato”. 31/07/2011,El Correo Gallego, “Fermosos tecidos da natureza”.