5,90 

MATEMÁTICAS UNIVERSITARIAS – I

A autora recolle neste volume máis de quince anos de experiencia docente conseguida ao longo dunha activa práctica tanto no ensino privado como na pública. Matemáticas Universitarias – I é unha obra tremendamente útil para calquera estudante de primeiro curso de facultade e tamén para os amantes das matemáticas, pois contén varios apéndices con exercicios lóxicos, xogos matemáticos, táboas, gráficas, etc. Cada un dos temas tratados leva incluída unha introdución teórica, seguida dun gran compendio de exercicios coa súa correspondente solución. É leste un libro ameno que achega, como peculiar engadido, as biografías e feitos máis reseñables de “Nove ilustres matemáticos galegos”, desde Juan Díez a García- Rodeja.

e0b023c8bffd
Compartir

Autoría

"Cecilia Alvarellos Casas (Lugo, 1963) é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago, onde se especializou en Estatística e Investigación de Operacións. Autora dos libros Matemáticas Universitarias I (1991), Xoguemos coas matemáticas na ESO (1994), Estatística descritiva (2000) e O xornal na clase de Matemáticas (2009). Como profesora de ensinanza media traballou en varios institutos de Galicia, foi directora do IES da Pastoriza (Lugo) onde exerceu durante tres anos e puxo en marcha este centro. Dende 2003 exerce no IES “Val do Asma” de Chantada (Lugo)."