5,90 

MÁS ALLÁ DEL TIEMPO

O libro inédito de 1965

 

Nº páxinas: 180
Medidas: 14 x 21 cms
Idioma: castelán.
Primeira edición: Marzo 2007
ISBN: 978-84–89323–15–5
Encadernación: cartoné.
Ilustracións: O libro inclúe unha galería gráfica con material pouco coñecido ou inédito (epistolario, mecanoscritos, fotografías…) relativo á xestación desta obra.
Limiar e estudo da obra: Helena González

 

[Letras Galegas 2007]

Más allá del tiempo é o libro inédito que María Mariño concluíu en 1965 e que permaneceu ilocalizable durante máis de corenta anos. Apareceu xusto cando as Letras Galegas homenaxean a esta enigmática escritora, en 2007.

Estamos ante o primeiro libro preparado e ordenado directamente por María Mariño. Más allá del tiempo permite despexar todas as incógnitas e recompoñer a fondo a súa obra.

Ademais de poeta, descubrimos que era unha narradora orixinal, consciente e insubmisa, con influencia dos movementos de vangarda e reveladoras composicións oníricas. Boa parte do libro semella un relato autobiográfico, que se completa coa até agora descoñecida poesía infantil.

Más allá del tiempo é a peza clave para entender a súa obra galega.

Esta edición conta cun amplo e documentado estudo introdutorio a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Helena González, responsable tamén da edición do texto.

675f66377973
Compartir

Autoría

"María Mariño Carou (Noia, 1907–Parada do Courel, 1967) só conseguiu publicar en vida un libro de poemas, Palabra no tempo (Editorial Celta, 1963), volume ao que seguiría, xa póstumo e moitos anos despois, Verba que comeza (Concello de Noia, 1992). Ata 2007 non se coñecía máis produción desta enigmática e orixinal escritora. Más allá del tiempo é a súa terceira obra. "

Foto do mecanoscrito orixinal

Fragmentos de “Más allá del tiempo”:

“La mañana es náufrago” (poema)
“A mi regreso” (relato)
“Caurel” (poema)
“Más allá del tiempo” (poema)


El Correo Gallego, 13/04/2007

El País, 15/02/2007

La Voz de Galicia, 14/02/2007