5,90 

MADIA LEVA!

O novo libro de relatos de Antón Grande
Ilustrado por Quique Bordell

 

Medidas: 14 x 21 cms
Páxs: 135
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-89323-16-2
Encadernación: Tapa branda plastificada, con lapelas.

 

 

Trinta historias cotiás que de súpeto encaixan o abraio do inesperado. Dende as tabernas de Lugo até os ceos imposibles de Nova York. Antón Grande transita por paisaxes e xentes do seu contorno vital e crea un universo breve, fragmentado e relativo, ou sexa, narra o que podería ser o noso propio existir. Pé da prosa emerxen, poderosas, as ilustracións sempre a contrafío de Quique Bordell. “Antón Grande é un autor para ler contra a noitiña –afirma Xosé de Cora no seu limiar–; díría máis, é un autor para ler nun establecemento público, ao carón dun vaso de viño, agardando a chegada do amigo, da amada ou dese ninguén que xamais chega”.

6a7c26861381
Compartir

Autoría

"Antón Grande é escritor e xornalista. Naceu en Lugo en 1953 e publicou as súas primeiras narracións aos 17 anos no suplemento cultural de El Progreso “Táboa redonda”, que dirixía daquela Ánxel Fole. É autor, entre outros, dos libros de relatos Pucharcas (1987) e Tabernarios (1991). En 1989 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo pola serie de artigos “Cincuenta anos de maquis en Galicia”. Na actualidade é redactor xefe de Localia-Telelugo, mantén unha sección semanal no diario El Progreso e outra quincenal no semanario A Nosa Terra. Así mesmo é o guionista e documentalista do docudrama para televisión Bandoleiros ou guerrilleiros. O ilustradorO ilustrador de Madia leva! é tamén lugués, da quinta de 1963. Faise chamar SEÑOR B (“antes coñecido como Quique Bordell”, aclara). Pintor autodidacta cun estilo que el define como art brut con influencias naïf, pop, do expresionismo e da poesía visual."