15,00 

LIBRO DE LOS BESOS Y LA NIEBLA, EL

ISBN: 978-84-89323-74-2
Páxinas: 141
Medidas: 14×21 cm
Idioma: castelán
Ilustracións: Alfonso Martínez
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición: novembro, 2011

 

 

Xosé Carlos Caneiro é un dos escritores galegos máis premiados. A súa fecunda obra, traducida a varios idiomas, ten cautivado a milleiros de lectores. El libro de los besos y la niebla (Alvarellos Editora, 2011), marca o seu retorno ás letras en castelán, que abandonara en 2003, e onde o autor de Verín viaxa a través do xornalismo, o ensaio, a prosa poética ou o diario íntimo. Xosé Carlos Caneiro reescribe en castelán algunhas das reflexións publicadas na prensa, e engade novas historias e invencións. Algúns dos capítulos son tan breves coma un haiku (eses poemas filosóficos da literatura xaponesa), outros, abren a porta ao seu diario íntimo. El libro de los besos y la niebla mostra, en esencia, todos os mundos personais e/ou literarios do escritor. Son miniaturas de prosa coidadísima e fondos sentimentos. E onde tamén agroma o agudo crítico literario: Kafka, Cortázar, Vargas Llosa, Sábato, Joyce ou Rulfo poboan este micro-universo narrativo. “Este es un libro de besos y niebla —afirma Caneiro nas súas primeiras liñas—. De pasiones, tedio, literatos y literatura, deseo, abrazos y pellizcos en el alma. He escrito muchos libros que no son como este. O tal vez he escrito siempre este libro, nada más. Puede que en él encuentre usted el amor de su vida, porque solo fue un sueño, y puede que mis palabras vuelen como palomas a cualquier precipicio”. Esta obra está ilustrada por Alfonso Martínez (Cartagena, 1973).

7cf87889f415
Compartir

Autoría

XOSÉ CARLOS CANEIRO é o escritor vivo máis novo ao que se lle ten dedicado unha tese de doutoramento. Reside en Verín (Ourense), onde naceu en 1963. Cultiva a narrativa, a poesía, o ensaio, é colaborador habitual do La Voz de Galicia e da Radio Galega. Dirixe e presenta na Televisión de Galicia o programa Oficio de palabras, ofrece recitais de poesía en España, Europa ou América. A súa novela Ébora (2000) foi traducida a varios idiomas e ela proxectou todo o seu universo literario. Entre a súa obra máis recente figura Ámote (2003), A vida nova de Madame Bovary (2008) e Un último destino (2010). En El libro de los besos y la niebla regresa ás Letras en castelán, que abandonara en 2003 tras a publicación da biografía de Jorge Luis Borges. En abril de 2010, na Feira do Libro de Bos Aires, a íntima colaboradoa de Borges ao longo da súa vida, María Esther Vazquez, dixo diante de Xosé Carlos Caneiro: “Si Borges estuviese vivo sería tu amigo y admiraría tu literatura”.