12,00 

LIBRETAS LITERARIAS

Formato: 8 x 15 cms | 48 pp. c/u
Capa plastificada de 300 gramos
Encadernadas en cola Pur

PACK CON 5 MODELOS

 

Cinco novos modelos de peto deseñados polo editor Quique Alvarellos. Unha homenaxe á arte, ás letras e a natureza de Galicia coa inspiración de fondo de pintores como Urbano Lugrís ou Blas Lourés, unhas letras capitulares de Castelao, a escrita de Manuel Antonio ou as follas dos xinkgos de Fonseca, en Santiago de Compostela

Todos os deseños parten de material procedente do Arquivo Gráfico de Alvarellos Editora.

«Miden o mesmo ca un smartphone, co que forman un tándem perfecto. Tecnoloxía e beleza xuntas». «Eu levo moitos anos usándoas. Pero deseñábaas só para min. Agora quero compartilas. Son libretas da memoria. Lugares mínimos onde pousar unha idea, unha frase, un poema, un recado, un aviso… E ilas logo numerando quizais e gardando, coma se fosen os capítulos da nosa vida escrita. Así as vexo eu», afirma Quique Alvarellos.

Cada libreta ten 48 páxinas e mide 8 cm de ancho por 15 de alto, perfectas para levar en calquera peto ou bolso.

Pódense adquirir por separado (ver cada un dos modelos) ou ben neste PACK DE 5.

Esgotado

96d99d93b791
Compartir

28-11-2015 Caderno da Crítica. Por Ramón Nicolás: “As libretas literarias de Alvarellos”