2,60 

Libreta modelo CASTELAO

Formato: 8 x 15 cms | 48 pp.
Capa plastificada de 300 gramos
Encadernada con cola Pur

 

Deseñada a partir dunhas letras capitulares de 1926

Un deseño a partir de letras capitulares confeccionadas por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Buenos Aires, 1950).

Estas capitulares foran debuxadas para ilustrar a obra Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas, publicada na Coruña en 1926 (Editorial Lar). Moito despois, en 1970, Xosé Filgueira Valverde rescatou estas letras para ilustrar o seu volume Historias de Compostela (editorial Bibliófilos Gallegos, de Santiago).

Castelao ideou unha tipografía galega (coñecida hoxe popularmente como «Letra Castelao») que está inspirada na que aparece, por exemplo, nos linteis do Pórtico da Gloria.

Esgotado

c3db7a1a1ccd
Compartir