Novo

18,00 

La lámpara maravillosa (Edición facsimilar)

EJERCICIOS ESPIRITUALES

Ramón del Valle-Inclán

 

302 pp | 13 x 17,5 cms.
ISBN 978-84-16460-34-2
EDICIÓN FACSIMILAR
Cosida con fío.
Capa con sobrecuberta

 

Coidada e rigorosa edición facsímile deste belísimo e insólito libro de Ramón del Valle-Inclán. Unha obra  publicada en 1916, ilustrada por José Moya del Pino e concibida como un todo, pois forma e fondo dialogan aquí á perfección.

Un século despois, regresamos a aquela «edición príncipe» ou primeira, e quixemos reproducila fielmente, co fin de achegar o máis posible a experiencia lectora de hoxe ao espírito orixinal desta Lámpara maravillosa que nos iluminará no camiño de comprensión da beleza.

O libro preséntasenos como unha autobiografía do autor quen, fascinado polo ocultismo, desexa transitar por novos vieiros creativos e non dubida en experimentar, por exemplo, co propio cannabis. Séntese peregrino e sitúa en Santiago de Compostela (a súa «rosa mística de pedra») ese lugar onde o tempo se fai eternidade.

A presente edición (en xaneiro de 2022 publicamos a 2ª) enriquécese cun estudo a cargo da profesora Olivia Rodríguez-Tudela, fotografías de época do autor e un prólogo do profesor Joaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor.

b4cd814d7f4f
Compartir

Autoría

Ramón del Valle-Inclán (Vilanova de Arousa, 1866-Santiago de Compostela, 1936). Biografía completa, aquí. 
A imaxe, incluída nesta edición, mostra ao autor no Ateneo de Madrid en xaneiro de 1916. Neste lugar pronunciaría un ciclo de conferencias baixo o título de "La lámpara maravillosa. Ejercicios espirituales".