16,00 

GUÍA SECRETA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA: OURENSE

Páxinas: 138
Medidas: 18×18 cm
Idioma: galego
Data de publicación 1ª edición: xuño 2010
ISBN: 978-84-89323-43-8
Encadernación: tapa branda plastificada con lapelas
Colección: “A lume lento”

 

En Alvarellos Editora principiamos unha peculiar viaxe gastronómica por Galicia. E facémolo pola provincia máis xenuína: Ourense.

 

O autor desta nova guía “secreta” que agora presentamos xa fora quen de gañar dous premios Gourmand en 2006 co seu orixinal libro 45 recetas con ortigas (Alvarellos Editora) e hoxe ofrécenos unha nova proposta que é tamén unha loita contra o esquecemento: a Guía secreta da gastronomía galega cuxo tomo primeiro conságrase á provincia de Ourense.

 

Martín Álvarez percorre as feiras, as festas, as romarías e os mercados do seu país ourensán e recolle deles as tradicións gastronómicas, as receitas ou os usos culinarios que corren o risco de se perder no mundo da globalización, pero que son unha das expresións máis fondas da nosa identidade.

 

Capítulo a capítulo vai pescudando, coma un Cunqueiro do século XXI, o país do millón de vacas. E nárranos a gastronomía dos peixes terra dentro, a horta do rianxo, os licores que elevan o espírito, os pans de millo e fariña triga, a repostería do arroz con leite, das chulas e das rosquillas… E atende tamén a eses establecementos –tendas, restaurantes, tabernas– onde degustar algo único. “O meu obxectivo é espertar no lector a sensibilidade por amar todo aquilo que forma parte da nosa cultura, para así conservalo e deixárllelo como legado a xeracións futuras”.

 

Abramos, pois, as páxinas desta historia de sabores vellos, de sabores esquecidos, de sabores sorprendentes… E loitemos porque non morran. A obra pertence á colección “A lume lento” desta editorial; é o primeiro de catro volumes, un por provincia, que sairán á venda nos próximos meses.

 

O seguinte, dedicado a Lugo, foi escrito polo gastrónomo Miguel Vila.

029457080c28
Compartir

Autoría

"

Martín Álvarez González (Ourense, 1974) é profesor de Cociña do Instituto de Ensino Secundario de Vilamarín (Ourense). Preside a Asociación Cultural “As Ortigas”, un colectivo que loita por prestixiar as propiedades da planta urtica dioica. O seu libro 45 recetas con ortigas (Alvarellos Editora) foi recoñecido en 2006 con dous premios Gourmand: como mellor monográfico gastronómico editado en español e Medalla de Honra do xurado internacional. É tamén autor de Estrugas (2006), O barquilleiro d'olvido (2009), colaborador desde 2007 da revista Auria e foi nomeado en 2010 Confrade de Honra da asociación "Amigos da Urtiga" de Portugal.

"