15,00 

FALANDO CLARO

A HISTORIA DO ANARQUISTA CLARO SENDÓN

 

150 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-89323-94-0

 

**** 80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016****

Pepe Sendón, (Lira, 1964) rescata a figura do anarquista de Louro (Muros, A Coruña) Claro José Sendón Lamela (1897 -1937), unha das figuras políticas máis destacadas do anarquismo galego. Falando Claro é unha obra de divulgación histórica froito dunha longa investigación que comezou cando o autor descubriu, nunha enciclopedia, un breve perfil biográfico de Claro Sendón escrito polo historiador Dionisio Pereira. A partir dese momento iniciou unha procura tratando de seguir o rastro dunha vida trepidante e localizar unha produción escrita dispersa e difícil de encontrar.

O resultado desa procura publícase agora nun libro que é a reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. A obra inclúe tamén unha serie de fotografías inéditas do protagonista.

e7d4e754cb5f
Compartir

Autoría

Pepe Sendón (Lira, 1964) é escritor, músico e tradutor. A comezos dos noventa foi un dos activos promotores da sala NASA e o grupo Chévere e colaborador en numerosos proxectos musicais con Fran Pérez, Narf, como a ópera Annus Horribilis, o grupo A Psicofónica de Conxo ou o multimedia infantil O Labirinto dos Soños. Ultimamente ten publicado a novela Satélite (2010), a obra infantil Animal Fun (2014) con Fausto, e xira co monólogo Marx no Soho e a presentación audiovisual de Falando Claro.

10-04-2015 Todogrove.es http://www.todogrove.es/2015/04/10/a-galeria-besada-acolleu-a-presentacion-dun-libro-sobre-o-anarquista-claro-sendon/

19-03-2015 Faro de Vigo. Faro da Cultura. Falando Claro. https://alvarellos.info/arquivos/libros/153/Faro-de-Vigo-Faro-da-Cultura-19-03-2015.pdf

18-03-15 Magazine Cultural Galego. Entrevisa de Montse Dopico a Pepe Sendón: http://montsedopico.com/entrevistas/pepe-sendon-o-sorprendente-e-que-sigamos-a-pensar-que-as-crises-son-esporadicas-e-asumamos-a-letania-das-reformas-e-os-axustes-estruturais/

30-01-2015 La Voz de Galicia. Crítica de Ramón Nicolás. Suplemento “Fugas”.

20-01-2015 Radio Galega Entrevista a Pepe Sendón: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-21-01-2015-981866#.VL_J3rPzgMY.twitter

28-12-2014 Faro de Vigo ‘Falando Claro’, en la Galería Dispara de A Estrada

19-12-2014 El Correo Gallego Noia presenta a obra FALANDO CLARO sobre a vida do anarquista Sendón