ESPAÑA SAGRADA

(Teatro geográfico histórico de la Iglesia de España)

– Índice Obra Completa
– Tomo XIV – Coimbra
– Tomo XIX – Santiago
– Tomo XL – Lugo 1
– Tomo XLI – Lugo 2
– Tomo XV – Braga
– Tomo XVI – Astorga
– Tomo XVII – Ourense
– Tomo XVIII – Mondoñedo
– Tomo XXI – Porto
– Tomo XXII – Tui 1
– Tomo XXIII – Tui 2

A España Sagrada é unha das empresas historiográficas máis monumentais e consistentes de España. Unha enciclopedia en 52 volumes que viu a luz no século XVIII. Foi concebida polo relixioso burgalés Henrique Flórez, que escribiu os 29 primeiros volumes, continuada a súa inxente labor por Manuel Risco, e xa finalmente por Merino e La Canal.

Flórez, que inicia a publicación desta inxente obra en 1747, dividiu a península ibérica por dióceses, das que estuda a fundación, moedas, monumentos, inscricións, manuscritos, bispos, abades, santos, igrexas e monumentos. Malia súa concepción relixiosa, estamos unha obra imbuída da nova ideoloxía do momento, procedente de Francia: a Ilustración.

Henrique Flórez intenta facer un traballo metódico e crítico achegándose para isto ás fontes, sendo o seu lugar de traballo cabildos, bibliotecas, arquivos e museos. Busca a verdade histórica e faino cun estilo claro, conciso, con naturalidade. A España Sagrada é, polo tanto, non só unha obra histórica, senón tamén un catálogo fondo e documentado do seu tempo.

Alvarellos Editora emprendeu en 1989 a publicación dos volumes relacionados con Galicia. En 2005 son doce os tomos publicados, editados en tapa dura e a todo luxo (cun cómodo tamaño de 16×21 centímetros), e que corresponden a Santiago, Lugo (dous tomos), Ourense, Tui (dous tomos), Mondoñedo, Braga, Oporto, Coimbra e Astorga, máis o Índice General de toda a obra (dos 52 volumes).

b1f93e41f4f5
Compartir

Autoría

"Henrique Flórez Biografía e obras.Enlace coa Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Enrique_Fl%C3%B3rez"