29,00 

ESPAÑA SAGRADA TOMO XIX – SANTIAGO

Páxinas: 415
Lingua: castelán
Medidas: 15,5 x 21 cms.
ISBN: 84–85311-84-1

 

Recuperamos, dezasete anos despois da súa primeira edición en facsímile (Alvarellos Editora, 1989), o tomo XIX dedicado a Santiago de Compostela da gran enciclopedia do século XVIII, a España Sagrada.

O relixioso burgalés Henrique Flórez é o autor deste volume de máis de catrocentas páxinas, publicado por vez primeira en Madrid no ano 1742. Nel nárrase a fundación da cidade e da díocese compostelá, coa súa orixe no porto de Iria Flavia, no século IX, e chégase nos feitos ata o tempo do seu primeiro grande arcebispo, Diego Xelmírez, no século XII.

O tomo de máis de 400 páxinas, ao igual que os restantes desta colección de facsímiles do século XVIII está encadernado en capa dura e nunha edición moi coidada.

c40118b8f78f
Compartir

Autoría

Henrique Flórez Biografía e obras.Enlace coa Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Enrique_Fl%C3%B3rez