9,00 

Entre as paredes do silencio

II premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba.

 

Formato: 70 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-46-9

 

Un diario poético que se desprega de abril a xullo. Nel, o verso quere ser bálsamo contra a desesperanza, e loita na defensa da identidade e da lingua. “Versos espidos / poesía das emocións transparentes”, escribe o autor. Con Limiar de María Xosé Lamas.

Esta obra obtivo o II premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba (2011).

d9edde9c9223
Compartir

Autoría

Martiño Maseda Lozano naceu en Xoibán (Vilalba), pequeno recuncho perdido na inmensidade da Terra Chá, no 1970. Licenciado en Filoloxía Hispánica, é colaborador no suplemento A Chaira do xornal El Progreso ou no portal Galicia Dixital. A súa andaina literaria naceu no berce dos certames literarios aló polo solpor dos anos 90, saboreando premios coma o Certame de Contos para a mocidade en Ourense (1999), o Premio de Poesía Pedro Alonso Morgado en Huelva (2003), o Certame Literario de Vilalba (2005, 2010, 2011) ou o Certame de Narrativa Ánxel Fole (2009, 2011). Ten publicado os poemarios Diario dun ser perdido e Nos labirintos da alma. Así coma os relatos Todo por unha teima ou A endeble esencia, xunto a outras publicacións en revistas literarias e obras colectivas.