22,90 

El peregrino y otras historias en Compostela

Emilia Pardo Bazán

Os contos e novelas curtas que Emilia Pardo Bazán ambientou na cidade de Santiago de Compostela, reunidos agora nunha coidada edición preparada polo catedrático da Universidade de Santiago, o profesor experto na escritora, José Manuel González Herrán. Inclúe manuscritos e ilustracións orixinais moi pouco coñecidas. Un volume publicado por Alvarellos Editora na súa premiada colección Rescate, en coedición co Consorcio de Santiago.

356 pp . 13 x 20,5 cms
ISBN 978-84-18567-04-9
Tapa dura e ilustrado.

Compartir

Autoría

"Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921) está considerada como a mellor novelista española do século XIX e unha das máis destacadas e prolíficas escritoras españolas de todos os tempos, autora de centos de contos, libros de viaxes, novelas e ensaios. Foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres. Entre as súas novelas destacan La Tribuna (1883) ou Los pazos de Ulloa (1887) e entre as biografías, San Francisco. Siglo XIII (1882), publicada tamén por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago en 2014 e que a autora consideraba unha das súas obras máis logradas."

Santiago de Compostela é, xunto coa Coruña, Madrid e París, o espazo preferente –literario e vital– de Emilia Pardo Bazán. Este volume, que leva por título El peregrino y otras historias en Compostela, aparece nos días do centenario do falecemento da escritora (A Coruña, 1851-Madrid, 1921). Reúne trece narracións da gran escritora (dez contos, dúas novelas curtas e o comezo dunha novela inconclusa), nas que esta cidade é escenario, inspiración ou referencia. Nunha edición ao coidado dun dos maiores expertos na obra de Pardo Bazán, José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago.

Algúns dos relatos están baseados en singulares feitos reais, como a historia daquela monxa de clausura que, cando se descolgaba desde a reixa da súa cela, no muro de San Paio de Antealtares, para fuxir co seu amado, estrelouse nas lousas da Quintana; ou esa logradísima novela de maxia e bruxería titulada Belcebú; ou o conto «A Cana», todo un pioneiro no xénero policial; ou a historia daquela santa que vivía sen inxerir máis alimento que a comuñón diaria…
Este sedutor rescate editorial ábrese cun poema escrito pola autora aos 15 anos, e dedicado, como non, a Compostela.

Cada narración está precedida por un breve texto explicativo e a presente edición inclúe ademais manuscritos e ilustracións dos contos moi pouco coñecidas.

NP_Gal_EL_Peregrino_Emilia_Pardo_Bazán