22,50 

EL GRAN VIAJE DE ESTUDIOS DE GARCÍA LORCA

Por vez primeira, a crónica íntegra da excursión cultural
de 1916 por Castilla, Galicia e León

0d247fb22268
Compartir

Autoría

Luis Mariscal Parado faría carreira como diplomático ocupando destinos por medio mundo. Portador dunha saúde feble, falecería en Chile aos 45 anos.

No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e proporse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –co seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.

Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada ao coidado de Henrique Alvarellos que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta (cartas, telegramas, artigos ou fragmentos do seu primeiro libro Impresiones y paisajes, de 1918).

Estamos ante un libro de viaxes moi especial que tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.

ITINERARIO DA VIAXE

Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela —  A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.

PRIMEIRO CONTACTO CON GALICIA

Esta viaxe marcaría o primeiro contacto do futuro escritor coa lingua e a cultura galegas. Nun cambio de trens próximo a Redondela escoitan falar e cantar en galego, en concreto, uns versos de Rosalía de Castro. No mercado de Santa Susana, Luis Mariscal anota o refraneiro popular que escoita entre os vendedores, e mesmo intenta falar con algún deles. Almorzan en Ourense, pernoctan tres días en Santiago, un en Lugo e visitan tamén A Coruña. 

Estas cinco xornadas por Galicia deixarán en todo grupo unha pegada moi fonda, sobre todo en Federico García Lorca, que pouco despois (1918) publicará o seu primeiro libro onde describe Santiago e A Coruña; en 1919 dedica un poema a Rosalía de Castro e outro ao apóstolo Santiago. Visitará Galicia de novo tres veces máis en 1932 e esta empatía coa nosa cultura e lingua culminará en 1935 coa publicación do seu libro titulado Seis poemas galegos, na editorial Nós de Ánxel Casal, en Santiago de Compostela. Un fito para a cultura galega.

[Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte]

En decembro de 2018 Alvarellos Editora publica os Seis poemas galegos en Edición facsimilar. 

 


10-01-19 Faro de Vigo. Entrevista a Henrique Alvarellos: "Lorca decidiu ser escritor durante…"
25-10-2018 La Voz de Galicia-Edi Santiago Día de Lorca en Santiago
25-10-2018 Radio Galega Entrevista de Belén Regueira e Kiko Novoa a Henrique Alvarellos.
25-10-2018 Nós Televisión "Lorca quixo escribir en galego e isto é un tesouro para a nosa cultura"
25-10-2018 Televisión de Galicia Alvarellos Editora pon en marcha o Día de García Lorca en Galicia
25-10-2018 Praza.gal Compostela celebra o Día de García Lorca
25-10-2018 El Correo Gallego Lorca y los 102 años de un viaje al bien de la literatura
25-10-2018 Granada Hoy 102 años del viaje de Federico "hacia el bien de la literatura"
24-10-2018 La Vanguardia Lorca, 102 años de un viaje "hacia el bien de la literatura"
24-10-2018 Vigo al minuto Redondela rende homenaxe a Lorca
15-10-2018 Nós Televisión Compostela celebrará o Día de García Lorca en Galicia
15-07-2018 La Región. La resaca de Lorca en Ourense
15-06-2018 RNE-Radio 5. Programa "Otros acentos"-Mavi Aldana + José María Pascual.
10-06-2018 Diario ABC García Lorca viaja de nuevo a Galicia
05-06-2018 Faro de Vigo El viaje en el que Lorca decidió ser escritor
23/04/2018 Radio Nacional-Radio 5. Lucia Vilaplana (programa Entre paréntesis) entrevista a Henrique Alvarellos.
09/04/2018 Caderno da crítica O primeiro Lorca entre nós, por Ramón Nicolás
15/03/2018 La Voz de Galicia-Edición Lugo Alvarellos recupera a histórica viaxe de Lorca a Lugo en 1916
14/03/2018 Radio Galega-Diario Cultural. A primeira viaxe a Galicia de García Lorca, en Alvarellos.
05/03/2018 La Voz de Galicia La Galicia que impactó a Lorca en 1916
02/03/2018 El Progreso Las sorpresas de Federico en Galicia
25/02/2018 La Voz de Galicia-Edición Santiago Lorca, Mariscal e Montero Ríos, no Obradoiro. Por Quique Alvarellos
23/02/2018 La Voz de Galicia-Edición Santiago Alvarellos refire nun libro a primeira viaxe galega de Federico García Lorca