5,90 

DON PORRAZO

Novela de costumes

POPULARÍSIMA NOVELA DO SEU TEMPO

Páxinas: 178
Lingua: castelán e galego
Colección: Fascímiles
Ano edición príncipe: 1909
Ano edición facsímile: 1985
ISBN: 84–85311–61-2

 

O autor, que adica esta edición —publicada orixinariamente en 1909— a Armando Cotarelo, traza na súa obra unha historia da súa bisbarra natal, Maceda, onde mostra o seu fondo coñecemento da xente labrega. Explica o propio Manuel Vidal no Limiar: “Esta narración no es otra cosa que la historia de mi cubierto de plato que siendo niño me contó un viejo pariente mío cierta noche de inverno al amor de la lumbre, en la villa de Maceda, una de las más famosa y florecientes de la provincia de Orense. Tal y como me la contó os la voy a contar, hasta el punto de que haré uso de la misma lengua que sus personajes hablaron, siempre que el caso lo requiera”.

a2c99449d5b2
Compartir

Autoría

"

Manuel Carlos Vidal Rodríguez (Maceda, Ourense, 1871-Santiago, 1941). Prolífico docente, escritor e investigador. Crego ilustrado, capelán da Casa dos Pardo Bazán, doutor en Filosofía e Letras, vocal honorario do Consello Superior de Protección da Infancia, foi defensor do Estatuto de Autonomía de Galicia dende os albores do texto, en 1932. Como antropólogo e arqueólogo é, xunto con López Ferreiro, o divulgador das orixes de Compostela. Neste eido, escribiu unha monografía dedicada ao Pórtico da Gloria e unha obra titulada, La tumba del Apóstol Santiago (1924), con portada de Camilo Díaz Baliño. A súa produción escrita é amplísima.

"