5,90 

CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN

CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970

 

Páxinas: 400
Medidas: 13 x 23 cms
Idioma: castelán
ISBN: 978-84-89323-70-4
Encadernación: rústica con lapelas
Ilustracións: 24 fotografías
Data de publicación 1ª edición: Xullo, 2011

 

A investigadora e actriz Alejandra Juno publica CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN. CRÓNICA SENTIMENTAL DE LA DÉCADA DORADA DEL TEATRO SANTIAGUÉS: DITEA, 1960-1970, un ensaio repleto de anécdotas, abundante e rigorosa documentación e moito sentido do humor. A obra alcanza as 400 páxinas, inclúe fotografías da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes. CUANDO COMPOSTELA SUBIÓ EL TELÓN reúne todos os elementos que converten unha crónica nun texto cativador e mais en espello de toda unha época. Esta obra, chea de anécdotas e fino sentido do humor, recupera para a lembranza unha época magnífica da arte dramática en Galicia: a primeira década da Compañía Ditea (Difusión de Teatro), un grupo que decidiu a vocación de moitos dos que actualmente ocupan os escenarios galegos e también españois. Polas 400 páxinas deste volume discorren personaxes inesquecibles do Santiago daquela. Compostela na súa esencia máis auténtica nuns anos nos que tantas cousas ían cambiar radicalmente. Alejandra Juno debuxa unha cidade que sabe rir e rir ben, consciente do grande teatro que é o mundo. A obra conta cun limiar de Xerardo Estévez e presentación de Juan Jesús Gestal. Finalmente, inclúe numerosas ilustracións da época e un índice onomástico de máis de 500 nomes.

29882474480e
Compartir

Autoría

Alejandra Juno Rodríguez Villar naceu en Santiago de Compostela, e sempre fixo teatro. Desde as táboas, dirixindo, escribindo ou investigando. Actualmente reside nos Estados Unidos, pero antes de cruzar o Atlántico obtivo unha licenciatura en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, un máster en Estudios Teatrales e Cinematográficos pola Universidade da Coruña y un doctorado sobre Historia Contemporánea do Teatro Galego pola Universidade de Santiago, con unha tese doutoral que inspira o contido deste libro. Recibiu premios de interpretación e dirixiu o seu grupo “Juno Teatro”. En 2010 publicou dúas obras de teatro: El retablo de las criadillas y Eurolé, batallitas del viejo continente.