5,90 

CEN ANACOS

Con debuxos de Xesús Campos

Terceiro dos títulos publicados por Alvarellos Editora en 1977 trala súa fundación no mes de maio dese ano. Trátase dunha escolma de cen poemas de temática satírico-picaresca onde o autor, Enrique Alvarellos, narra en verso historias cotiás, contos populares, experiencias persoais… Principia o libro cuns versos a modo de autorretrato do autor:

Meus avós foron de Ourense.
Meus pais son pontevedreses.
Eu xa nacín na Coruña
e a Lugo fun… e caseime…
Se podo ser máis galego
que mo diga a miña xente.

3d12a456c025
Compartir

Autoría

Enrique Alvarellos Iglesias (A Coruña, 1931-Lugo, 2004). Músico, editor, escritor e profesor de linguas clásicas.